A tempada 1964/65 da Primeira división española de fútbol, que foi a 34ª edición do campionato, disputouse entre o 13 de setembro de 1964 e o 18 de abril de 1965.
O Real Madrid encadeou o seu quinto título consecutivo, establecendo un récord de vitorias consecutivas aínda vixente, e que só os propios madridistas lograron igualar 25 anos despois (1985-1990).