Primeiro ministro de Estonia
Primeiro ministro da República de Estonia Eesti Vabariigi peaminister | |
---|---|
Residencia | Casa Stenbock, Tallín |
Designado por | Presidente de Estonia |
Duración | 4 anos renovábeis |
Creación | 24 de febreiro de 1918 |
Primeiro titular | Konstantin Päts |
Salario | 5,288€ mensuais |
Sitio web | valitsus.ee |
O primeiro ministro de Estonia (en estoniano : peaminister) é o xefe de goberno da República de Estonia. O primeiro ministro é nomeado polo presidente tras as debidas consultas coas forzas parlamentarias e confirmado polo parlamento. En caso de desacordo, o Parlamento pode rexeitar a candidatura do presidente e elixir o seu propio candidato. Na práctica, dado que o primeiro ministro debe manter a confianza do Parlamento para permanecer no cargo, normalmente é o líder do principal partido da coalición de goberno. O actual primeiro ministro é Kristen Michal do Partido da Refoma Estoniano.
O primeiro ministro non dirixe ningún ministerio específico, pero é, de acordo coa constitución, o supervisor do traballo do goberno. A importancia e o papel do primeiro ministro no goberno e as súas relacións con outros ministros dependen a miúdo da posición do partido liderado polo primeiro ministro fronte aos socios da coalición e da cantidade de influencia que ten o primeiro ministro dentro do seu partido. Se o primeiro ministro ten unha posición forte dentro do seu partido e o goberno está composto só por representantes dese partido, pode gozar dunha autoridade considerable. Non obstante, en todas as cuestións cruciais nacionais, a palabra final recae no Riigikogu como poder lexislativo.
Ao contrario dos seus homólogos noutras repúblicas parlamentarias, o primeiro ministro é o xefe executivo de facto e de iure. Isto é debido a que a Constitución atribúe explicitamente ao goberno o poder executivo, do que o primeiro ministro é o líder. Na maioría das demais repúblicas parlamentarias, o presidente é cando menos un xefe executivo nominal, estando obrigado por convención a actuar aconsellado polo gabinete.
Historia
[editar | editar a fonte]Estonia estivo gobernada por un primeiro ministro durante os dous primeiros anos (1918-1920) da súa independencia despois do colapso do Imperio ruso.
Baixo a constitución de Estonia, en 1920, o xefe de goberno chamábase Ancián do Estado (riigivanem), que tamén era xefe de Estado. Este sistema era un sistema radicalmente parlamentario porque o Ancián do Estado podería ser destituído polo Parlamento con maioría simple. Ademais, o Ancián do Estado non era o comandante en xefe das forzas armadas nin podía ratificar as leis nin disolver o Parlamento. A disolución do Parlamento só era posible mediante un referendo.[1] Segundo unha nova constitución aprobada por plebiscito en 1933, o cargo do primeiro ministro foi reconvertido como xefe do goberno en 1934 nun sistema máis presidencialista. Segundo esta constitución, o presidente podería nomear e destituír o primeiro ministro e o gabinete, vetar leis, emitir decretos (estatutos) e disolver o Parlamento.[2] O Ancián do Estado naquel momento, Konstantin Päts, nomeouse a si mesmo como primeiro ministro e nesta posición conseguiu suspender as eleccións para o Ancián de Estado e para o Parlamento de Estonia. Permaneceu como primeiro ministro, declarándose "presidente-rexente", ata 1938, cando se celebraron eleccións baixo unha nova constitución e foi elixido presidente.
1918–1920
[editar | editar a fonte]Foto | Nome | Mandato | Partido Político | Xefe de Estado | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | |||||
A orde executiva do Goberno Provisional e do Consello de Anciáns da Asemblea Provincial substituíron o cargo de presidente do Consello de Ministros. | |||||||
Konstantin Päts (Primeiro Ministro do Goberno Provisional) |
12 de novembro de 1918 | 9 de maio de 1919 | 179 días | Unión Popular do País (EMRL) | Ningún | ||
1 | Otto August Strandman (1875–1941) |
9 de maio de 1919 | 18 de novembro de 1919 | 194 días | Partido Laborista (ETE) | ||
2 | Jaan Tõnisson (1868–1941?) |
18 de novembro de 1919 | 28 de xullo de 1920 | 254 días | Partido Popular (ER) | ||
3 | Ado Birk (1883–1942) |
28 de xullo de 1920 | 30 de xullo de 1920 | 3 días | Partido Popular (ER) | ||
(2) | Jaan Tõnisson (1868–1941?) (2ª vez) |
30 de xullo de 1920 | 26 de outubro de 1920 | 89 días | Partido Popular <br /(ER) | ||
4 | Ants Piip (1884–1942) |
26 de outubro de 1920 | 20 de decembro de 1920 | 56 días | Partido Laborista (ETE) | ||
A Constitución de 1920 substituíu o cargo de Ancián do Estado. |
Foto | Nome | Mandato | Partido Político | Xefe de Estado | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | |||||
A Constitución de 1934 dividiu o cargo de Ancián do Estado entre un novo cargo chamado Ancián do Estado e un Primeiro Ministro. | |||||||
5 | Konstantin Päts (en funcións do Ancián do Estado) (2ª vez) |
24 de xaneiro de 1934 | 3 de setembro de 1937 | 3 anos e 222 días | Asembleas de Agricultores e Asociación de Colonos (PK / ARVK) |
primeiro ministro nas funcións de Ancián do Estado Konstantin Päts | |
Unión da Patria (I) [Nota 1] | |||||||
A Lei de Modificación da Constitución de 1938 fusionou temporalmente os cargos de Ancián do Estado e primeiro ministro no cargo de presidente-rexente . |
- ↑ Todos os partidos políticos foron prohibidos o 20 de marzo de 1935. A Unión da Patria foi a única organización política permitida, pero non pode ser considerado un partido político per se.
1938–1944
[editar | editar a fonte]Foto | Nome | Mandato | Partido Político | Xefe de Estado | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | |||||
A Constitución de 1938 dividiu o cargo de presidente-rexente entre un presidente e un primeiro ministro. | |||||||
6 | Kaarel Eenpalu (1888–1942) Primeiro ministro en funcións |
24 de abril de 1938 | 9 de maio de 1938 | 1 ano e 171 días | Unión da Patria (I) |
Presidente Konstantin Päts (1938-1940) | |
Primeiro ministro | 9 de maio de 1938 | 12 de outubro de 1939 | |||||
7 | Jüri Uluots (1890-1945) 8º primeiro ministro |
12 de outubro de 1939 | 21 de xuño de 1940 | 254 días | Unión da Patria (I) | ||
1ª ocupación soviética | |||||||
Ocupación alemá | |||||||
- | Otto Tief (1889–1976) Primeiro ministro en funcións |
18 de setembro de 1944 | 25 de setembro de 1944 | 8 días | Ningún | primeiro ministro nas funcións do Presidente Jüri Uluots | |
2ª ocupación soviética |
1990 – actualidade
[editar | editar a fonte]Foto | Nome | Mandato | Partido | Xefe de Estado | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Inicio | Fin | Duración | |||||
2ª ocupación soviética | |||||||
Edgar Savisaar (1950– ) 1st Prime Minister of the Interim Government |
3 de abril de 1990 [Nota2 1] |
29 de xaneiro de 1992 | 1 ano e 301 días | Fronte Popular (RR) |
Presidente do Consello Supremo Arnold Rüütel | ||
Tiit Vähi (1947– ) 2nd Prime Minister of the Interim Government |
29 de xaneiro de 1992 | 21 de outubro de 1992 | 266 días | Ningún | |||
8 | Mart Laar (1960– ) |
21 de outubro de 1992 | 8 de novembro de 1994 | 2 anos e 18 días | Unión da Patria (I) |
Presidente Lennart Georg Meri (1991-2001) | |
9 | Andres Tarand (1940– ) |
8 de novembro de 1994 | 17 de abril de 1995 | 161 días | Moderados (M) | ||
10 | Tiit Vähi (1947– ) (2ª vez) |
17 de abril de 1995 | 17 de marzo de 1997 | 1 ano e 334 días | Partido da Coalición e Alianza Popular do Pobo (KMÜ) | ||
11 | Mart Siimann (1946– ) |
17 de marzo de 1997 | 25 de marzo de 1999 | 2 anos e 8 días | Partido da Coalición e Alianza Popular do Pobo (KMÜ) | ||
(8) | Mart Laar (1960– ) (2ª vez) |
25 de marzo de 1999 | 28 de xaneiro de 2002 | 2 anos e 309 días | Unión da Patria (I) | ||
Presidente Arnold Rüütel (2001-2006) | |||||||
12 | Siim Kallas (1948– ) |
28 de xaneiro de 2002 | 10 de abril de 2003 | 1 ano e 72 días | Partido da Refoma Estoniano (ER) | ||
13 | Juhan Parts (1966– ) |
10 de abril de 2003 | 12 de abril de 2005 | 2 anos e 2 días | Partido Res Publica (RP) | ||
14 | Andrus Ansip (1956– ) |
12 de abril de 2005 | 26 de marzo de 2014 | 8 anos e 348 días | Partido da Refoma Estoniano (ER) | ||
Presidente Toomas Hendrik Ilves (2006-2016) | |||||||
15 | Taavi Rõivas (1979– ) |
26 de marzo de 2014 | 23 de novembro de 2016 | 2 anos e 242 días | Partido da Refoma Estoniano (ER) | ||
Presidente Kersti Kaljulaid (2016-) | |||||||
16 | Jüri Ratas (1978– ) |
23 de novembro de 2016 | 26 de xaneiro de 2021 | 4 anos e 64 días | Partido do Centro (K) | ||
17 | Kaja Kallas (1977– ) |
26 de xaneiro de 2021 | presente | 3 anos e 365 días | Partido da Refoma Estoniano (K) |
- ↑ O Consello Supremo da RSS de Estonia declarou o 30 de marzo de 1990 que o goberno soviético era ilegal dende 1940 e declarou un período de transición para a independencia total. Esta foi restaurada o 20 de agosto de 1991.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Zetterberg 2007, p. 524-525.
- ↑ Zetterberg 2007, p. 558-559.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Zetterberg, Seppo (2007). A History of Estonia. Helsinki: The Finnish Literary Society / Suomalaisen Kirjallisuuden Seura.