Primeiro axioma de numerabilidade
Aparencia
En Topoloxía, dise que un espazo topolóxico verifica o primeiro axioma de numerabilidade se cada punto do espazo ten unha base de veciñanzas numerábel. Se un espazo cumpre este axioma dise que é primeiro numerábel.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Todo espazo métrico cumpre o primeiro axioma de numerabilidade, pois as bólas abertas forman unha base de veciñanzas para o punto .[1]
- O espazo topológico discreto é un espazo primeiro numerable por ser metrizable.[1]
- A recta de Sorgenfrey é un espazo primeiro numerable.[1]
- O espazo de Sierpinski é primeiro numerable.[2]
- A recta cofinita, non é primeiro numerable.[2]
Propiedades
[editar | editar a fonte]- Todo espazo que cumpra o segundo axioma de numerabilidade cumpre automaticamente o primeiro.[1]
- Os subespazos[3] e os produtos de espazos primeiro numerables son primeiro numerables.
Estes espazos son de importancia porque permiten controlar mellor as veciñanzas. Por exemplo, en calquera espazo que cumpra o primeiro axioma de numerabilidad, tense que compacto implica secuencialmente compacto, así tamén a continuidade queda caracterizada polas sucesións (o cal, en xeral, non é certo).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Llopis, José L. "Axiomas de numerabilidad" (en castelán). ISSN 2659-8442. Consultado o 29 de agosto de 2019.
- ↑ 2,0 2,1 Macho Stadler, Marta. "Topología general (primera parte)" (PDF) (en castellano). Consultado o 29 de agosto de 2019.
- ↑ Llopis, José L. "Propiedades topológicas hereditarias" (en castellano). ISSN 2659-8442. Consultado o 10 de outubro de 2019.