Saltar ao contido

Primitivo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Primitivo Iglesias Sierra»)
Modelo:BiografíaPrimitivo Iglesias

Primitivo Iglesias nunha rolda de prensa en 2013. Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento18 de xullo de 1950 Editar o valor en Wikidata (74 anos)
Loboso, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde da Pastoriza
2007 –
← José Yáñez García Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo A Pastoriza Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, tradutor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de

BNE: XX975990 BUSC: iglesias-sierra-primitivo-1950

Primitivo Iglesias Sierra, nado en Santo André de Loboso (A Pastoriza) o 18 de xullo de 1950, é un escritor, tradutor, mestre e político galeguista ligado ao PSdeG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filosofía e Letras, pola rama de filoloxía moderna, na Universidade de Santiago de Compostela. Foi, até a súa xubilación en 2010, catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo. Pasara antes por Sarria, entre 1977 e 1979, e mais por Ourense, entre 1979 e 1989.

Participou no XIX Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románica en Santiago de Compostela en 1989, así como tamén no Congreso Internacional de Lingüística organizado en Lugo no ano 2000.

Dende 2007 é alcalde da Pastoriza polo PSdeG, co apoio do BNG. Reelixido alcalde en 2011, 2015 e 2019.

Dende 2009 pertence a asociación cívica a prol da lingua galega ProLingua.


Predecesor:
José Yáñez García
 
Alcalde da Pastoriza
 
2007 - actualidade
Sucesor:
no cargo
  • Vocabulario Gallego-Castellano (Argos-Vergara, 1984)
  • Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1986)
  • Pequeno Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 1989)
  • Diccionario Castelán-Galego (Xerais, 1990)
  • Literatura Galega, 3º BUP (Anaya, 1991)
  • Gran Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2000)
  • Novo Diccionario Xerais da Lingua (Xerais, 2002)
  • Gran Dicionario Xerais da Lingua Galega (Xerais, 2009)

Publicou artigos nas revistas Grial, A Trabe de Ouro, Irimia, Encrucillada ou Verba, e tamén columnas no diario lugués El Progreso.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]