Saltar ao contido

ProLingua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ProLingua
Logo
Membros de Prolingua, como Fernández Paz, Bragado ou Docampo, despois dunha asemblea.
Tipoasociación cultural
Data de fundación3 de outubro de 2009
PaísEspaña
Na rede
http://www.prolingua.gal/
Facebook: ProLingua Twitter: prolinguagalega Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

ProLingua é unha plataforma a prol da lingua galega, estabelecida a nivel fiscal en calidade de asociación cultural[1]. Celebrou a súa primeira asemblea o 3 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela[2].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Características e organización

[editar | editar a fonte]

Defínese como apartidaria, plural e non xerárquica. Así mesmo no seu manifesto fundacional[3] recóllese un único requisito para poder formar parte dela:

Establécese como único requisito ás persoas que desexen pertencer a esta plataforma, a intención de se comprometeren na defensa da lingua galega e na promoción do seu uso en todos os ámbitos, tanto públicos coma privados.

Outro dos sinais de identidade da plataforma ten que ver co financiamento, pois este ten que ser unicamente en base ás achegas dos socios, non estando admitidas nin a vía das subvencións públicas nin das contribucións privadas[4].

Cómpre sinalar que ProLingua aposta pola súa socialización a través de Internet, tanto para o debate interno como para a organización de accións ou distribución de contidos. Así, amais dun dominio de seu, dispón tamén de contas abertas e públicas en redes sociais coma Facebook ou Twitter.

A comezos de maio de 2010 contaba con máis de 2.000 membros[5] tanto de Galiza coma de fóra, exercendo estes máis dun cento de profesións distintas, amais de teren unhas tendencias ideolóxicas do máis diverso, como demostra o feito de figuraren entre os seus socios militantes dos tres partidos políticos con representación parlamentaria e gran parte dos que non a teñen. Entre estes máis de mil membros figuran persoeiros da Real Academia Galega como Francisco Fernández Rei ou Margarita Ledo; das letras, como Xabier P. DoCampo, Ana Romaní, Xavier Rodríguez Barrio, Paco Martín, Antonio Reigosa ou Rosa Aneiros; da política, como Marisol López, Camilo Nogueira, Xosé Manuel Beiras, Xabier Cordal, Primitivo Iglesias ou Rafael Cuíña; do ensino, como Fermín Bouza Álvarez, Craig Patterson, Mercedes Queixas, Xavier Senín ou Xosé-Henrique Costas, e doutros tantos ámbitos tal que a avogacía, o xornalismo, a hostalaría, a música, a empresa ou a investigación científica.

Obxectivos

[editar | editar a fonte]
Asemblea fundacional de ProLingua, o 3 de outubro de 2009 na Facultade de Filoloxía da USC.

A plataforma declara como obxectivos únicos a defensa e promoción da lingua propia de Galiza, e para tal efecto considera irrenunciábel a totalidade dos contidos da Lei de normalización lingüística de 1983 e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega de 2004[6].

Publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 55 mentiras sobre a lingua galega. Editorial Laiovento. 1ª edición, novembro de 2009.[7][8]
  1. Vídeo da Asemblea fundacional
  2. Botadura oficial de ProLingua. Nova aparecida no xornal Vieiros
  3. "Manifesto fundacional". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2009. Consultado o 07 de outubro de 2009. 
  4. Financiamento só coas achegas por parte de socios Arquivado 07 de outubro de 2009 en Wayback Machine. Nova aparecida no xornal Galicia Hoxe
  5. "Listaxe pública cos membros de Prolingua". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2010. Consultado o 07 de outubro de 2009. 
  6. "A Plataforma Prolingua promove a Lei e o Plan de Normalización". La Voz de Galicia. 4 de outubro de 2009. 
  7. O libro tivo unha presentación histórica ao ser presentado o 5 de febreiro simultaneamente en 69 localidades de todo o mundo, cunha audiencia presencial de arredor de 5.000 persoas.Nova en Vieiros
  8. 55 mentiras sobre a lingua galega en PDF.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]