Primo López Rivadulla
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1910 Vila de Cruces, España |
Morte | 26 de xaneiro de 1937 (26/27 anos) Pontevedra, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, político |
Primo López Rivadulla, nado en Vila de Cruces en 1910 e finado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937, foi un funcionario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Secretario xudicial, era funcionario municipal do concello de Carbia. Promotor e director do grupo teatral Liga de Amigos da Vila de Cruces.[1] Foi secretario de Izquierda Republicana e da Fronte Popular de Carbia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse en Santiago de Compostela, onde foi localizado e detido pola Garda Civil de Cruces o 15 de agosto. Foi trasladado a illa de San Simón, a espera de xuízo. Xulgado en Pontevedra en consello de guerra o 9 de xaneiro por rebelión xunto con outros 18 republicanos de Carbia,[2] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Pontevedra o 26 de xaneiro de 1937 ás 17:30 con Manuel Sarmiento Debén, Eduardo Brea Cajide e Antonio Gómez López.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Liga de Amigos de Vila de Cruces
- ↑ El Progreso, 8-1-1937, p. 3.
- ↑ Diario de Pontevedra, 27-1-1937, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Igrexas, Manuel: "Os fusilados de Vila de Cruces" (29/8/2012) en Historias de Deza.