Saltar ao contido

Cáncaro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Primula vulgaris»)

Este artigo trata sobre a planta, para o caranguexo ver artigo centola.

O cáncaro[1] ou panqueixo (Primula vulgaris sinónimo P. acaulis (L.) Huds.) é unha especie de planta herbácea perenne da familia das primuláceas, de follas basais pilosas polo revés e flores amarelas. É común en Galiza nos valados, fragas e en xeral lugares frescos e sombrizos, preto dos ríos.

Tamén recibe os nomes dialectais de cáncere, cancro e primavera.

Distribución

[editar | editar a fonte]

É nativa do oeste e sur de Europa (dende as Illas Feroe e Noruega até o sur de Portugal, e leste de Alemaña, Ucraína, Crimea, e os Balcáns), noroeste de África (Alxeria), e suroeste de Asia (Turquía e leste de Irán).[2][3]

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha especie perenne, cunha roseta laxa de follas oblanceoladas a ovais, engurradas, irregularmente dentadas. Flores recendentes, de cor amarela pálida co centro máis escuro, que abrochan individualmente en rabiños áfilos de longos pelos, que saen da roseta foliar. Corola 2–4 cm de diámetro, con pétalos estendidos; cáliz tubular, angular, de lóbulos agudos lanceolados. Florea cedo na primavera, unha das primeiras flores que o fai en Europa, de aí o nome inglés (Primrose que vén do francés antigo primerose e á súa vez do latín medieval prima rosa, significando primeira 'rosa'[4]).

Medra en bosques, fragas, prados, ribeiras herbáceas, cantís e montañas. Normalmente preto dos ríos no sur de Galicia.

Flor na primavera.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Primula vulgaris foi descrita por William Hudson e publicado en Fl. Angl. 70 1762.[5]

Subespecies

Ten tres subespecies:

Sinonimia

En Galiza descríbese coma: Primula vulgaris Huds., Primula acaulis (L.) L. subsp. acaulis ou P. grandiflora Lam. - PLANELLAS 1852; MERINO 1906; PAU 1921; SILVA PANDO 1994; GNZ. AZCARATE & AMIGO 1996; CASTROV. & al. 1997.

Pode hibridar coas primaveras mercadas doutras cores.

O cáncaro na cultura galega

[editar | editar a fonte]

A seguir o poema de Juan Barcia Caballero:

  • Está o chan revestido / de soaviña de musgo verde alfombra / de cáncaros e rosas sementada.
  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  2. Flora Europaea: Primula vulgaris
  3. Germplasm Resources Information Network: Primula vulgaris Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  4. New Shorter Oxford English Dictionary, 1993
  5. Cáncaro en Trópicos
  6. "Sinónimos en GRIN". Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2012. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 
  7. "Cáncaro en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]