Principio (física)
Denomínase principio físico unha lei física aparente, que ningunha experiencia invalidou até hoxe, aínda que non se demostrase, e que, polo tanto, ten un papel achegado ao dun postulado en matemáticas.
A física apóiase sobre varios destes principios como, por exemplo, o principio da inercia, os principios da termodinámica ou o principio de exclusión de Pauli. A constancia da velocidade da luz, calquera que sexa o observador galileano, nunca foi invalidado pola experiencia, é un principio da relatividade restrita e non unha das súas consecuencias.
Un principio pode ter un ámbito limitado de validez. Por exemplo, o principio de conservación da masa é válido na física clásica, pero non na relativista onde encontramos a fórmula de Einstein sobre a equivalencia entre masa e enerxía, E = mc2. Neste caso o principio que prevalece é o da conservación da enerxía. Polo contrario, o postulado da conservación da carga eléctrica parece ser certo tanto na física clásica como na relativista.
Ás veces un principio pode ser demostrado a partir dun ou varios outros, dependiendo do físico a elección do principio base dos seus razoamentos. Por exemplo, o principio de mínima acción é equivalente ao principio fundamental da dinámica asociado ao principio de d' Alembert.