Prisión de Neumünster
A prisión de Neumünster é un centro penitenciario situado na cidade homónima, en concreto no número 30 de Boostedter Straße[1]. En 2018 era o máis grande do estado alemán de Schleswig-Holstein.[Cómpre referencia]
Historia e características
[editar | editar a fonte]As instalacións contan con 596 prazas. Trátase dun centro exclusivo para homes adultos con penas de até cinco anos.
Criminalidade
[editar | editar a fonte]En 2011 Neumünster foi cualificada, xunto coa cidade de Frankfurt, como a cidade alemá con maior taxa de criminalidade. Dende ese ano, a taxa comezou a diminuír.[2]
Reos de relevancia internacional
[editar | editar a fonte]O escritor Rudolf Wilhelm Friedrich Ditzen[3], co pseudónimo Hans Fallada (1893-1947), foi denunciado en marzo de 1933 ás autoridades alemás por unha conversa que Fallada mantivera co tamén escritor alemán Ernst von Salomon con suposto contido hostil cara ao Estado. O seu paso pola cadea plasmouno na novela Wer einmal aus dem Blechnapf frisst[4]
O 18 de abril de 2018 o presidente catalán Carles Puigdemont, por petición da xustiza española, foi detido nunha viaxe en coche dende Dinamarca e trasladado a este cárcere.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lapela de contacto Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. na páxina web da Justizvollzugsanstalt Neumünster (en alemán).
- ↑ Neumünster - Stadt der Verbrechen?, shz.de, 2 de setembro de 2011 (en alemán).
- ↑ Hans Fallada, el otro preso de Neumünster, Elnacional.cat, 26 de marzo de 2018 (en castelán).
- ↑ Así es Neumünster, la prisión alemana donde pasará la noche Puigdemont, La Voz de Galicia, 25 de maio de 2018 (en castelán).
- ↑ Puigdemont reclama la llibertat dels presos polítics després que Alemanya hagi rebutjat entregar-lo per rebel·lió, 12 de xullo de 2018 (en catalán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial Arquivado 09 de agosto de 2018 en Wayback Machine. (en alemán).