Pro-Galicia
Aparencia
Pro-Galicia | |
---|---|
Fundación | 1912 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Habana |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pro-Galicia foi un periódico editado na Habana en 1912.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Editada polos colectivos La Unión Mañonesa, Sociedad Ferrol y su Comarca e El Progreso de Coles, que integraban a Federación Galaica. Baixo o mesmo título aparecían os diversos boletíns independentes de información de cada sociedade. Informaba das actividades e funcionamento interno aos socios e ofrecía artigos de exaltación dos lugares aos que pertencían as sociedades. Publicou poemas de Curros Enríquez e artigos en castelán sobre Rosalía de Castro, Manuel Murguía e Leiras Pulpeiro. Durou só uns meses e foi substituída ao ano seguinte por Labor Gallega.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas. Galaxia. p. 386. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha de Pro-Galicia no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.