Profeta Gentileza
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde marzo de 2012) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de abril de 1917 Cafelândia, Brasil (pt) |
Morte | 1996 (78/79 anos) Mirandópolis, Brasil (pt) |
Actividade | |
Ocupación | artista |
José Datrino, máis coñecido como profeta Gentileza, nado en Cafelândia (São Paulo) o 11 de abril de 1917 e finado en Mirandópolis o 29 de maio de 1996, foi un predicador brasileiro, que acadou sona a partir de 1980 por facer inscricións peculiares baixo un viaduto en Río de Xaneiro, onde andaba cunha túnica branca e longa barba.[1] "Gentileza gera gentileza" era a súa frase máis coñecida.
Crenzas
[editar | editar a fonte]Gentileza denunciaba o mundo, rexido "polo capeta capital que vende todo e destrúe todo". Vía no circo destruído unha metáfora do circomundo que tamén será destruído. Mais anunciaba a "xentileza que é o remedio para todos os males". Deus é "Xentileza porque é Beleza, Perfección, Bondade, Riqueza, a Natureza, o noso Pai Creador". Un refrán sempre volvía, especialmente nas 56 pilastras con inscricións na entrada da autovía Novo Rio no Caju: "Xentileza xera xentileza, amor". Convidaba a todos a seren xentís e agradecidos. Anunciaba un antídoto á brutalidade do noso sistema de relacións e, baixo a linguaxe popular e relixiosa, un novo paradigma civilizatório urxente en toda a humanidade.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eliane Brum, "Gentileza Gera Gentileza Arquivado 29 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine.", artigo na Revista Época de 5 de outubro de 2009.