Profundulus
Aparencia
Profundulus (Hubbs, 1924) ou, popularmente, escamudos, é un xénero de peixes de auga doce, único xénero da familia Profundulidae (Hoedmann e Bronner, 1951), incluída na orde Ciprinodontiformes (Cyprinodontiformes). Distribúense por ríos das vertentes atlántica e pacífica de Centroamérica, en México, Guatemala e Honduras.
Características
[editar | editar a fonte]Posúen unha aleta dorsal con 1 a 3 radios rudimentarios e 10 a 16 radios principais, con escamas en series laterais de 31 a 39.
Son ovíparos con fecundación externa.
A súa cor verdosa con reflexos metálicos fai que sexan apreciados como especies de acuario.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A familia Profundulidae comprende un único xénero con cinco especies:
- Familia Profundulidae:
- Xénero Profundulus:
- Profundulus candalarius (Hubbs, 1924)
- Profundulus guatemalensis (Günther, 1866)
- Profundulus hildebrandi (Miller, 1950)
- Profundulus labialis (Günther, 1866)
- Profundulus punctatus (Günther, 1866)
- Xénero Profundulus:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Profundulus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Profundulus |