Saltar ao contido

Promielocito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Promielocito basófilo
Promielocito eosinófilo
Promielocito neutrófilo

Un promielocito (ou progranulocito) é unha célula precursora dos leucocitos granulocitos, que se orixina a partir do desenvolvemento dos mieloblastos e convértese despois en mielocito. Os promielocitos miden de 12-20 microns de diámetro. O núcleo dun promielocito é reniforme e de aproximadamente o mesmo tamaño que o dun mieloblasto, pero o seu citoplasma é moito máis abondoso.[1] Tamén teñen uns nucléolos menos prominentes que os dos mieloblastos e a súa cromatina é máis e groseira e grumosa.[1] O citoplasma adoita ser basófilo e contén gránulos primarios (azurófilos) vermellos/púrpuras con membrana e encimas, que non apaecían na etapa anterir de mieloblasto.[1] Os gránulos azurófilos miden de 0,1 a 0,25 microns de diámetro e orixínanse no aparato de Golgi. O promielocito tardío diferénciase en tres liñas celulares con propiedadeds de tingidura e ultraestrutura específicas (de carácter basófilo, eosinófilos e neutrófilo), que son os mielocitos.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Promyelocyte - LabCE.com, Laboratory Continuing Education". www.labce.com. Consultado o 2018-11-21. 
  2. Don W. Fawcett.. Tratado de Histología. 11ª edición. Interamericana-McGraw Hill. Páxinas 249-250. ISBN 84-7605-361-4

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.