Proteína de transporte de membrana mitocondrial
As proteínas de transporte de membrana mitocondriais son proteínas que se encontran nas membranas das mitocondrias e que serven para transportar[1] moléculas e outros factores como ións dento ou fóra do orgánulo. Algunhas das proteínas transportadoras transportan pequenos ións, como o Na+ ou o Ca2+, outras transportan pequenas moléculas como os ácidos orgánicos do ciclo de Krebs ou os nucleótidos ADP e ATP, e tamén hai transportadores que translocan moléculas máis grandes, como ácidos graxos ou proteínas.
Exemplos de transportadores de pequenos ións
[editar | editar a fonte]Exemplos de proteínas de transporte mitocondrial de ións son as seguintes:
- Poros de transición de permeabilidade mitocondrial, os cales se abren en resposta para aumentar a carga de ión calcio (Ca2+) mitocondrial e estrés oxidativo[2]
- O uniportador de calcio mitocondrial, que transporta calcio do citosol á matriz mitocondrial[2][3]
- O intercambiador de calcio/sodio mitocondrial, que transporta ións Ca2+ fóra da matriz intercambiándoos con ións Na+. Estas proteínas de transporte serven para manter un axeitado gradiente electroquímico nas mitocondrias para manter os ións e outros factores dentro dun correcto equilibrio dentro e fóra da mitocondria.
Exemplos de transportadores de pequenas moléculas
[editar | editar a fonte]Os transportadores mitocondriais ou carriers que transportan pequenas moléculas máis numerosos son os transportadores de ADP/ATP e fosfato. Outros transportan citrato, oxoglutarato, glutamato e outras moléculas dese tamaño.
Transportadores de proteínas
[editar | editar a fonte]A maioría das proteínas mitocondriais proceden do citosol. As proteínas do citosol que entran nas mitocondrias fano utilizando o sistema de transporte do complexo TIM/TOM[4] . Os complexos transportadores TIM22, TIM23 da membrana mitocondrial interna e o TOM da membrana mitocondrial externa teñen receptores para a proteína, un poro para translocalas e poden pasar as proteínas á matriz ou inserilas na membrana mitocondrial. De feito, os outros transportadores mitocondriais chegan ás mitocondrias utilizando os complexos TIM e TOM.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Mitochondrial Membrane Transport Proteins Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
- ↑ 2,0 2,1 Crompton M. 1999. The mitochondrial permeability transition pore and its role in cell death. Biochemical Journal. Volume 341, Pages 233-249. PMID 10393078. Retrieved on January 23, 2007.
- ↑ Nicholls DG. 2005. Mitochondria and calcium signaling. Cell Calcium, Volume 38, Issues 3-4, Pages 311-317. PMID 16087232. Retrieved on January 23, 2007.
- ↑ Alberts B, Johnson A, Lewis J, et al. Molecular Biology of the Cell. 4th edition. New York: Garland Science; 2002. en liña Transporte de proteínas ás mitocondrias e cloroplastos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Transportador mitocondrial (mitochondrial carrier)
- Complexo TIM/TOM