Proteína fluorescente amarela

A proteína fluorescente amarela, abreviada como YFP (do inglés yellow fluorescent protein), é un mutante xenético da proteína fluorescente verde (GFP, green fluorescent protein) extraída orixinalmente da augamar Aequorea victoria.[1] O seu pico de excitación é de 513 nm e o seu pico de emisión é de 527 nm.[2] Como a súa predecesora a GFP, a YFP é unha ferramenta útil en bioloxía molecular e celular, porque os picos de excitación e emisión da YFP son distinguibles dos da GFP, o que posibilita o estudo de múltiples procesos ou proteínas nun mesmo experimento.
Tres versións melloradas da YFP son Citrine, Venus e Ypet. Teñen unha reducida sensibilidade ao cloruro, maduración máis rápida e un brillo incrementado (definido como o produto do coeficiente de extinción e o rendemento cuántico). Tipicamente, a YFP serve como o aceptor de sensores FRET codificados xeneticamente, dos cales o doante máis probable é a proteína fluorescente ciano (mCFP). O desprazamento ao vermello en relación coa GFP é causado por unha interacción de empillamento Pi-Pi como resultado da substitución T203Y introducida pola mutación, que incementa esencialmente a polarizabilidade do ambiente cromóforo local así como proporciona unha densidade electrónica adicional no cromóforo.
"Venus" contén unha nova substitución de aminoácido (F46L) que acelera a oxidación do cromóforo a 37 °C, o paso limitante da maduración. A proteína ten outras substitucións (F64L/ M153T/ V163A/ S175G), que permiten que Venus teña un bo pregamento e dálle unha tolerancia relativa á acidose e ao Cl−.[3]
Evolución da YFP a partir da GFP
[editar | editar a fonte]Foron necesarias catro mutacións a partir do tipo silvestre da GFP atopadas na augamar Aequorea victoria para crear o mutante YFP. A mutación máis importante foi a substitución de treonina por tirosina no residuo na posición 203[1] (a substitución denomínase T203Y, onde T e Y representan a abreviatura dunha letra dos aminoácidos treonina e tirosina, respectivamente).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Ormö, Mats; Cubitt, Andrew B.; Kallio, Karen; Gross, Larry A.; Tsien, Roger Y.; Remington, S. James (1996-09-06). "Crystal Structure of the Aequorea victoria Green Fluorescent Protein". Science (en inglés) 273 (5280): 1392–1395. ISSN 0036-8075. PMID 8703075. doi:10.1126/science.273.5280.1392.
- ↑ Lambert, Talley. "EYFP at FPbase". FPbase (en inglés). Consultado o 2021-02-22.
- ↑ Nagai, T; Ibata, K; Park, E. S.; Kubota, M; Mikoshiba, K; Miyawaki, A (2002). "A variant of yellow fluorescent protein with fast and efficient maturation for cell-biological applications". Nature Biotechnology 20 (1): 87–90. PMID 11753368. doi:10.1038/nbt0102-87.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Introduction to fluorescent proteins
- EYFP en FPbase
- Miyawaki, Atsushi; Llopis, Juan; Heim, Roger; McCaffery, J. Michael; Adams, Joseph A.; Ikura, Mitsuhiko; Tsien, Roger Y. (1997). "Fluorescent indicators for Ca2+ based on green fluorescent proteins and calmodulin". Nature 388 (6645): 882–7. PMID 9278050. doi:10.1038/42264.