Proteo (lúa)
![]() | |
Descubrimento | |
---|---|
Descuberta por | Voyager 2 Stephen P. Synnott |
Descuberta en | ~16 de xuño do 1989 |
Características orbitais [1] | |
Época 18 de agosto de 1989. | |
periapse | 117.584 ± 10 km |
apoapse | 117.709 ± 10 km |
Eixo semi-maior | 117,647 ± 1 km (0,00079 UA) |
Excentricidade | 0,00053 ± 0,00009 |
Período orbital | 1,12231477 ± 0,00000002 d |
Velocidade orbital media | 7,623 km/s |
Inclinación | 0,524° (respecto do ecuador de Neptuno 0,026 ± 0,007° (respecto do plano local de Laplace) |
Satélite de | Neptuno |
Características físicas | |
Dimensións | 440×416×404 km (± ~15 km)[2][3] |
Radio medio | 210 ± 7 km[4] |
Volume | 3,4 ± 0,4 x 107km³[5] |
Masa | ~5,0 x 1019 kg (estimado) |
Densidade media | 1,3 g/cm3 (estimada)[4] |
Gravidade superficial | ~0,06 m/s2 (0,006 g) |
Velocidade de escape | ~0,16 km/s |
Período de rotación | sincrónica |
Oblicuidade da eclíptica | cero |
Albedo | 0,096[2][3][4] |
Temperatura superficial | ~51 K de media (estimada) |
Magnitude | 19,7[4] |
Proteo (en grego Πρωτεύς), tamén coñecido coma Neptuno VIII, é o segundo satélite en tamaño de Neptuno, e o máis grande dos satélites interiores de Neptuno. É a lúa irregular máis grande do Sistema Solar. Sería máis tarde chamada Proteo, nome dun deus do mar que podía cambiar de forma na mitoloxía grega.
Descubrimento
[editar | editar a fonte]![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/0a/Proteus_map_%28Stooke%29.jpg/150px-Proteus_map_%28Stooke%29.jpg)
Proteo foi descuberto grazas ás imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 durante o seu achegamento a Neptuno no ano 1989. Recibiu a designación temporal de S/1989 N 1. Stephen P. Synnott e Bradford A. Smith anunciaron o seu descubrimento (IAUC 4806) o 7 de xullo do 1989, falaban só de 17 fotogramas tomados ó longo de 21 días, o cal coloca a data do descubrimento algúns días antes do 16 de xuño. O nome foille outorgado o 16 de setembro de 1991.[6]
Características físicas
[editar | editar a fonte]Proteo ten máis de 400 quilómetros de diámetro, máis grande que Nereida, outra das lúas de Neptuno. A pesar do seu tamaño, non foi descuberta polos telescopios terrestres por que está tan próxima ó planeta que o seu brillo perdese no resplandor da luz solar reflectida polo propio Neptuno.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/56/Simulated_view_of_Proteus.jpg/220px-Simulated_view_of_Proteus.jpg)
Proteo está cheo de cráteres de impacto, pero non amosa signos de modificacións de tipo xeolóxico. Ten unha forma irregular, pero os expertos pensan que Proteo é tan grande como é posible para un corpo celeste coa súa densidade e forma irregular, se fose un pouco máis grande ou denso, caería nunha forma esférica debido á súa propia gravidade.[7] A lúa de Saturno, Mimas ten unha forma máis esférica tendo unha densidade máis baixa e malia evidentemente ser menos masivo que Proteo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ R.A. Jacobson e W.M. Owen Jr. (2004). "The orbits of the inner Neptunian satellites from Voyager, Earthbased, and Hubble Space Telescope observations". Astronomical Journal 128: 1412. doi:10.1086/423037.
- ↑ 2,0 2,1 Williams; Dr. David R. (22-01-2008). NASA (National Space Science Data Center), ed. "Neptunian Satellite Fact Sheet". Arquivado dende o orixinal o 05-10-2011. Consultado o 12-12-2008.
- ↑ 3,0 3,1 E. Karkoschka (2003). "Sizes, shapes, and albedos of the inner satellites of Neptune". Icarus 162: 400. doi:10.1016/S0019-1035(03)00002-2.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 JPL (Solar System Dynamics), ed. (13-07-2006). "Planetary Satellite Physical Parameters". Consultado o 09-02-2008.
- ↑ P.J. Stooke (1994). "The surfaces of Larissa and Proteus". Earth, Moon ad Planets 65: 31. doi:10.1007/BF00572198.
- ↑ "IAU Circular No. 5347". 16 de Setembro de 1991. Consultado o 10-04-2007.
- ↑ Michael E. Brown. California Institute of Technology, Department of Geological Sciences, ed. "The Dwarf Planets". Consultado o 09-02-2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Proteus Profileby NASA's Solar System ExplorationArquivado 01 de agosto de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- IAU Circular describing the discovery of S/1989 N 1 (with mandatory IAU web policy statement) (en inglés)
- Proteus page en The
Nine8 Planets (en inglés) - Proteus, A Moon Of Neptune en Views of the Solar System (en inglés)
- Ted Stryk's Proteus Page (en inglés)
- Neptune's Known Satellites (por Scott S. Sheppard) (en inglés)