Protestas de Sri Lanka de 2022
As protestas de Sri Lanka de 2022 son unha serie de protestas en curso por parte da sociedade civil de Sri Lanka e dos partidos políticos da oposición cara ao goberno do presidente Gotabaya Rajapaksa. Os motivos da revolta son a mala xestión económica da economía ceilanesa, resultante nunha grave crise económica, inflación, apagóns diarios de entre dez días e trece horas, escaseza de combustíbel e de bens esenciais[1].
A resposta dos gobernantes ás protestas inclúen a declaración do Estado de emerxencia, permitindo aos militares o arresto de civís; a imposición de confinamentos, a restrición do acceso aos medios de comunicación, a detención de xornalistas, protestantes e activistas nas redes sociais. O goberno de Sri Lanka tamén incumpriu a constitución do país ao censurar e intentar reprimir as protestas.
As protestas comezaron o 15 de marzo de 2022 en Colombo, a capital do país[2]. En xullo de 2022, centenares de protestantes entraron á forza na residencia do Presidente Rajapaska e do Primeiro Ministro Ranil Wickremesinghe[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Sri Lanka: 50 injured as protesters try to storm president’s house amid economic crisis". The Guardian. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Sri Lanka’s main opposition to hold demonstration on March 15 in Colombo". Economy Next.
- ↑ "Sri Lanka: Protesters 'will occupy palace until leaders go'". BBC. Consultado o 11 de xullo de 2022.