Protoceratops
O protocerátops, que significa literalmente primeira cara con cornos, era un pequeno dinosauro, que viviu no deserto do Gobi, en Mongolia, hai uns 110 a 66 millóns de anos, na etapa do Campaniano do Cretáceo superior.
Este dinosauro era herbívoro e alimentábase de vexetación nada espléndida: follas e plantas rexas do deserto. Por iso, os seus dentes estaban dispostos en filas na boca, para poder mastigar sen dificultades esa dura vexetación, e contaba cunha boca en forma de pico curvado, coma a dalgúns paxaros, para cortar as plantas con facilidade.
Este pequeno ceratópsido, de 1'5 a 2 metros de lonxitude e só un de altura, era, non obstante, moi robusto: tiña un corpo empenado e estaba protexido grazas a unha placa ósea que lle cubría a noca. Porén, á parte desta placa ósea, non tiña boas defensas, os cornos dos que fala o seu nome fan referencia a unhas terminacións óseas da cabeza, que non servían para a defensa (nin para o ataque). A defensa do protocerátops limitábase entón a cargas e a mordedelas coa boca curvada. A ferocidade deste pequeno dinosauro era enorme, pois era moi receoso dos seus dominios, que defendía valorosamente dos seus inimigos. De feito, atopáronse os esqueletos dun protocerátops e dun velociráptor en pleno combate, e que deberon de morrer ambos polas feridas causadas nun período de tempo parecido.
Unha expedición científica ao deserto do Gobi (Gansu, Mongolia Interior) feita en 1922 permitiu coñecer moitos datos deste dinosauro e dos seus veciños. Atopáronse niños de até 30 ovos. Crese que estes niños eran comunais, ou sexa, que era compartido por varias femias, o que dá a entender que este dinosauro era sociable e vivía en familias. Porén, ultimamente pénsase que eran de oviráptor.