Saltar ao contido

Proton K/D-1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proton K/D-1 / Proton K Blok-D-1 / 8K82K 11S824M
FunciónLanzador espacial de capacidade media e alta.
país de orixeUnión Soviética / Rusia[1]
Tamaño
altura57,0 m[1]
diámetro4,15 m[1]
masa707.810 kg[1]
Etapas4[1]
foguetes derivados
FamiliaProton[1]
Lanzamento históricos
EstadoRetirado[1]
SitiosCosmódromo de Baikonur[2]
Total de lanzamentos10[1][2]
exitosos10[1][2]
Voo inaugural9 de agosto de 1978[1][2]
Último voo1 de decembro de 1989[1][2]
Primeira etapa – 8S810K[1][2][3]
altura21,20 m[3]
diámetro4,15 m[3]
masa baleiro31.100 kg[3]
masa cheo450.510 kg[3]
impulsado por6 RD-253[3]
potencia máxima10.470,16 kN[3]
Impulso específico267 s (a nivel do mar), 316 s (no baleiro)[3]
propelenteTetróxido de nitróxeno e UDMH[3]
Segunda etapa – 8S811K[1][2][4]
altura14,00 m[4]
diámetro4,15 m[4]
masa baleiro11.715 kg[4]
masa cheo167.828 kg[4]
impulsado por4 RD-0210[4]
potencia máxima2399,22 kN[4]
Impulso específico230 s (a nivel do mar), 327 s (no baleiro)[4]
propelenteTetróxido de nitróxeno e UDMH[4]
Terceira etapa – 8S812K[1][2][5]
altura6,50 m[5]
diámetro4,15 m[5]
masa baleiro4185 kg[5]
masa cheo50.747 kg[5]
impulsado por1 RD-0212[5]
potencia máxima630,17 kN[5]
Impulso específico230 s (a nivel do mar), 325 s (no baleiro)[5]
propelenteTetróxido de nitróxeno e UDMH[5]
Cuarta etapa – Block D-1 (11S824M)[1][2][6]
altura5,50 m[6]
diámetro3,70 m[6]
masa baleiro1830 kg[6]
masa cheo14.000 kg[6]
impulsado por1 RD-58M[6]
potencia máxima85,02 kN[6]
Impulso específico352 s (no baleiro)[6]
propelenteOsíxeno líquido e queroseno[6]
editar datos en Wikidata ]


Proton K/D-1 é o nome dunha variante do modelo de foguete espacial Proton K, pertencente á familia de foguetes Proton, tamén coñecidos como UR-500. Foi usado para poñer en órbita cargas medias e pesadas e deixou de estar en servizo no ano 1989. A principal diferenza co Proton K é que usaba unha etapa adicional Block D-1 ideada en principio para lanzar cargas en traxectorias luares e planetarias.[1][2]

Características

[editar | editar a fonte]

O Proton K/D-1 foi pensado orixinalmente para lanzar naves a órbitas planetarias, e en particular para enviar sondas non tripuladas cara Marte e Venus. Usouse tamén para enviar observatorios pesados a órbitas terrestres elevadas.[1][2]

O primeiro voo dun Proton K/D-1 tivo lugar o 9 de setembro de 1978 e o último o 1 de decembro de 1989..[1][2]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Voo[2] Data[2] Rampla de lanzamento[2] Carga[2] Resultado[2] Notas[2]
1 9 de setembro de 1978 Cosmódromo de Baikonur, rampla 81/23 Venera 11 Éxito. Primeiro voo dun Proton K/D-1.
2 14 de setembro de 1978 Cosmódromo de Baikonur, rampla 81/24 Venera 12 Éxito.
3 30 de outubro de 1981 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/40 Venera 13 Éxito.
4 4 de novembro de 1981 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/39 Venera 14 Éxito.
5 23 de marzo de 1983 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/39 Astron 1 Éxito.
6 2 de xuño de 1983 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/39 Venera 15 Éxito.
7 7 de xuño de 1983 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/40 Venera 16 Éxito.
8 15 de decembro de 1984 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/39 Vega 1 Éxito.
9 21 de decembro de 1984 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/40 Vega 2 Éxito.
10 1 de decembro de 1989 Cosmódromo de Baikonur, rampla 200/40 Granat Éxito. Último voo dun Proton K/D-1.
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 Mark Wade (2011). "Proton-K/D-1" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "Proton-K Blok-D-1" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 3,8 Mark Wade (2011). "Proton K-1" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Mark Wade (2011). "Proton K-2" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 5,7 5,8 Mark Wade (2011). "Proton K-3" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2016. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 6,8 Mark Wade (2011). "Proton 11S824M" (en inglés). Consultado o 18 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]