Saltar ao contido

Provincia de Qom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaProvincia de Qom
استان قم (fa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 34°38′44″N 50°52′47″L / 34.6456, 50.8798
EstadoIrán Editar o valor en Wikidata
CapitalQom Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.292.283 (2016) Editar o valor en Wikidata (112,12 hab./km²)
Lingua usadaLingua alviri-vidari
Língua khalaj (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie11.526 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC+3:30 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico025 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IR-25 Editar o valor en Wikidata

Páxina webqomict.ir Editar o valor en Wikidata

Qom (en persa: قم) é unha das 31 provincias de Irán. Sitúase no norte do país, e a súa capital é a cidade de Qom. Creouse en 1995, separándose da provincia de Teherán. En 2005, esta provincia tiña unha poboación de aproximadamente dous millóns de habitantes, dos cales o 91,2% residían en zonas urbanas e o 8,8% en zonas rurais. A provincia inclúe unha cidade, catro municipios, nove distritos rurais, e 256 poboacións.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Ocupa unha superficie de 11.237 km², o que supón o 0,89% da superficie total do Irán. O clima da provincia de Qom varía entre o desértico e o semidesértico, e comprende áreas con montañas, outeiros e planicies. Debido a que se localiza lonxe do mar e preto dunha rexión árida, presenta un clima seco, con escasa precipitación e baixa humidade. Por esta razón, a agricultura non é posible na maior parte do territorio, especialmente preto das rexións lacustres salinas. A provincia ten dous grandes lagos salgados, o lago Howz e Soltan, que queda 36 quilómetros ao norte da cidade de Qom, e o lago Namak, que se atopa a 80 quilómetros ao leste de Qom. Case un quinto do lago Namak encóntrase dentro da provincia de Qom.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

De maneira única en Irán, a provincia de Qom é coextensiva co shahrestan de Qom (teñen a mesma extensión).

Mapa Shahrestan Clave mapa Bakhsh Centro
Qom Q Central Qom
j Jafar Abad
kh Khalajestan
n Nofel Loshato
s Salafchegan
Provincias veciñas: E: Esfahán, M: Markazi, S: Semnán, T: Teherán