Proxección de Natta
En química, a proxeción de Natta (que recibe o nome do químico italiano Giulio Natta) é unha forma de representar moléculas coa súa estereoquímica completa en dous dimensións nunha fórmula esquelética. Nunha molécula de hidrocarburo con todos os átomos de carbono formando parte da cadea principal nunha xeometría molecular tetraédrica, a cadea principal en zigzag está no plano do papel (cos enlaces químicos representados como segmentos de liñas rectas continuas) cos substituíntes saíndo do plano do papel cara ao observador (nese caso os enlaces represéntanse como cuñas continuas) ou afastándose do observador (nese caso os enlaces represéntanse como cuñas descontinuas).[1] A proxección de Natta é útil para representar a tacticidade dun polímero.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Everhardus Ariëns. Stereochemistry, a basis for sophisticated nonsense in pharmacocinetics and clinical pharmacology, European Journal of Clinical Pharmacology 26 (1984) 663-668, doi:10.1007/BF00541922.
- ↑ Dietrich Braun; Harald Cherdron; Matthias Rehahn; H. Ritter; B. Voit (2005). Polymer Synthesis: Theory and Practice: Fundamentals, Methods, Experiments. Springer. p. 10. ISBN 3-540-20770-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Fórmula esturtural
- Fórmula esquelética
- Proxección de Haworth
- Proxección de Newman
- Proxección de Fischer
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrada para proxección en zig-zag. En: IUPAC (ed.): Compendio de terminoloxía química. "Gold Book".
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|