Proxecto Apego
Aparencia
O Proxecto Apego é un programa para mellorar a socialización en lingua galega como lingua inicial. Nel participan os servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, O Carballiño, Carnota, Cee, Ferrol, Lugo, Mazaricos, Moaña, Muros, Narón, Negreira, Nigrán, Oleiros, Ourense, Ponteceso, Pontevedra, Ponteareas, Redondela, Rianxo, Ribadeo, Rois, Sada, Santiago de Compostela, Teo, Vigo, Vilagarcía de Arousa, Vimianzo e mais a Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua.[1]
En 2017 gañou o Premio Cultura Galega de Lingua[2] e o Premio Rosalía de Castro de Lingua[3]
En 2018 foi galardoado co Premio Xoán Manuel Pintos do Concello de Pontevedra.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Quen somos?". Consultado o 14 de decembro de 2017.
- ↑ "Premios da Cultura Galega 2017". Consultado o 14 de decembro de 2017..
- ↑ "O Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña recoñece o labor normalizador da AS-PG e o proxecto Apego". Consultado o 15 de decembro de 2017.
- ↑ "Apego, os mestres Vitoria Ogando e Anxo González Guerra e a Galipedia, premios Xoán Manuel Pintos 2018". Diario de Pontevedra. 1/3/2018.