Saltar ao contido

Proxecto Trasno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Proxecto Trasno
Tipo Proxecto de localización de software libre ao galego
Datas Dende 1999
Páxina oficial http://www.trasno.gal

O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta dos proxectos de localización de software libre ao galego. Pretende ser o punto de encontro onde se reúnan e colaboren todos aqueles que traballan en calquera dos aspectos que abrangue a localización ao galego: tanto a tradución dos aplicativos e a súa documentación como o desenvolvemento de correctores ortográficos e o de ferramentas para a localización.

Dende o comezo no 1999, os voluntarios do proxecto estiveron involucrados, así como noutros, na localización das principais distribucións de GNU/Linux, como SuSE e Mandrake, contornos de escritorios como GNOME e KDE, e aplicativos ofimáticos, como OpenOffice, e navegadores web como Mozilla Firefox. Actualmente segue sendo o principal grupo de localización de software libre ao galego e estase a focalizar na mellora da calidade das traducións, con desenvolvemento de ferramentas de consulta e discusión de terminoloxía e con eventos de debate terminolóxico, as trasnadas.

Dende o 2009 está amparada legalmente pola Asociación Cultural Proxecto Trasno.

Froito de xuntanzas previas, en xullo do 1999 iniciouse unha rolda de correo no GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux da Universidade da Coruña) asentando un subproxecto denominado GPUL-tradución coa finalidade de localización de software libre. Comezaron coa tradución dos aplicativos de GNU e o contorno de escritorio GNOME, entre outros. O primeiro que se traduciu neste proxecto foi o X-Chat (Rubén, 6-7-1999).

Igualmente, na primavera de 1999 naceu unha comunidade en liña chamada GZLiNuX[1] adicada á tradución de documentación (guías e manuais). Foi fundada por Manuel A. Fernández Montecelo e Nuno André Novo (Woden). Inda que fundamentalmente este grupo naceu como e era unha comunidade en liña, parte da xente involucrada estaba ligada ao GLUG.

Dende case o arrinque dos proxecto GPUL-tradución estaban en contacto. En setembro dese ano GzLiNuX contactou pola lista do GPUL-tradución comentando:

«A outro membro de gzlinux ocorréuselle a idea de xuntar digamos nunha "plataforma" os dous proxectos de traducción. é dicir, algo así como ter o proxecto TGLUG (Traducción ao galego LUG) e que nas páxinas estea tanto documentación como programas. ben, isto é só unha idea, só quero saber que impresión tedes sobre isto»

En resposta e esta proposta os membros do GPUL-tradución responderon favorablemente, o que supuxo a creación do nacemento dunha comunidade en liña adicada a localizar ao galego que tería inicialmente por fin acadar unha distribución GNU/Linux totalmente en galego[2]. A este proxecto inicialmente chamóuselle LeGal[3] e pretendía orientarse a crear unha web e difundir o proxecto dun 'Linux en Galego'. En marzo do 2000 votaron para a escolla do nome e gañou proxecto Trasno[4]:

«Estes son os resultados finais da votación do nome do grupo de traducción:

trasno 7 legal 2 (gzlinux) 2 glinux 1 tragalinux 1

Polo tanto, mesmo tendo en conta os votos para gzlinux (non válidos), trasno gaña por 7-6, levando un 54% dos votos, e facendo innecesaria unha segunda rolda de votación.[5]»

O nome non tiña significado ningún inda que posteriormente se lle buscaron propostas, tal como se cita aquí:

«Ao principio, e a falta dun nome mellor, empregabamo-lo nome LeGal (Linux En Galego) para referírmonos ao grupo, pero en maio do 2000 decidimos que o nome proposto por Francisco X. Vazquez Grandal, Trasno, era mellor. Tamén seguimo-lo antigo costume de buscar un nome e logo adaptarlle un significado, pero non atopamos ningún, ou máis ben atopamos de máis, polo que algúns preferimos empregalo coma unha simple palabra, e outros prefiren dicir que significa cousas coma "TRAductores Solitarios do NOroeste", segundo a proposta orixinal, ou mesmo "TRAductores Sen NOme" ;-)» - Jacobo Tarrío Barreiro e Jesús Bravo Álvarez, 2001[6].

As intencións de conservación do galego no novo eido que fornece o software libre tamén está presente dende o comezo do proxecto:

Ademais, a informática é un eido importante de máis coma para ignoralo e permitir que sexa outro dos eidos nos que o galego non se introduce. Á fin e ao cabo, os que máis empregan os ordenadores son os mozos, que son tamén os que han falar galego no futuro, se todo vai ben :) - Jacobo Tarrío Barreiro e Jesús Bravo Álvarez, 2001[7]

Fundación da Asociación Cultural Proxecto Trasno

[editar | editar a fonte]

Arredor do 2007 a comunidade do proxecto Trasno comeza de novo a encontrarse en foros e conferencias e por diferentes debates xorde o interese en fundar unha figura legal para protexer o 'Proxecto Trasno'. Ese interese conversetese na fundación da Asociación Cultural para a Galeguización de Software Libre Proxecto Trasno, organización sen ánimo de lucro e de ámbito autonómico galego, o 17 de outubro de 2009 en Santiago de Compostela[8] por xente involucrada directamente no 'Proxecto Trasno' e co fin de darlle amparo legal, dándolle recursos para os tradutores e promocionando e difundindo o labor destes. A primeira directiva da asociación estivo composta por Miguel Branco, Miguel Anxo Bouzada, Leandro Regueiro Iglesias e Xosé Calvo Rúa[9].

Os estatutos da asociación[10] determinan que só poden ser socios aqueles que contribúan a localización de software libre ao galego e ten como principal fin que continúe activo o Proxecto Trasno e a comunidade de localización ao galego. Con isto, pretende ser a figura legal que protexa a comunidade aberta de localización ao galego de software libre.

Proxectos e grupos de tradución

[editar | editar a fonte]

O proxecto leva ou levou no seu momento os proxectos de localización de:

Ferramentas desenvoltas

[editar | editar a fonte]
  • Tiboxe: buscador en liña para a consulta de terminografía informática do inglés ao galego. Foi desenvolto fundamentalmente por Fran Diéguez e liberado con licenza GPLv.3 no 2009.[11]
  • Trobador: servizo web para a xestión en liña de memorias de tradución. Permite a consulta de memorias de tradución en formato TMX para múltiples proxectos e especificar usuarios, grupos e privilexios por proxecto. Foi desenvolto no 2011 por Tomás Vega e liberado baixo licenza MIT. Contén un engadido a GTranslator que permite a visualización de cadeas relacionadas do proxecto que se estea a traducir.[12]
  • Glósima: sistema de discusión de terminoloxía. Inicialmente desenvolto por José Manuel Castroagudín e liberado con licenza CC BY 2.5.[13]
  • Terminator: ferramenta colaborativa e multilingüe para a xestión de terminoloxía centrada na creación de glosarios terminolóxicos para facilitar a localización de software libre e de código aberto. Inda sendo así, permite empregarlo para xestionar terminoloxía de calquera campo de coñecemento. Foi desenvolto por Leandro Regueiro Iglesias e liberado no 2012 baixo licenza GPL v3.[14]

As Trasnadas

[editar | editar a fonte]

As trasnadas xurdiron no 2010 como reunións presenciais para axilizar e asentar o debate de traducións ao galego, fixando terminoloxía. Así mesmo como un espazo para formar a novos voluntarios do proxecto ensinándolle os conceptos básicos de localización e ferramentas de asistencia para a tradución (TAC).

Cos acordos chegados nos eventos das trasnadas chegouse a un consenso de traducións de nova terminoloxía en informática do inglés ao galego e liberouse formato terminográfico estándar TBX (Term Base eXchange), creación dunha páxina web dinámica para a consulta dos acordos terminolóxicos e engadir melloras á ferramenta de comprobación automática Pology [24]

  1. GZLiNuX en Vieiros.com
  2. GPUL-traduccion + GzLiNuX
  3. proxecto LEGAL
  4. Nome do grupo -> Resultados da votación
  5. Nome do grupo de traducción de Linux ó galego
  6. Presentación 'O Proxecto Trasno'na Universidade da Coruña, 2001 (en formato ZIP)[Ligazón morta]
  7. Presentación 'O Proxecto Trasno' na Universidade da Coruña, 2001 (en formato ZIP)[Ligazón morta]
  8. Convocatoria da Fundación da AC Proxecto Trasno
  9. "Aprobación da primeira Directiva da AC Proxecto Trasno". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2013. Consultado o 09 de maio de 2019. 
  10. "Estatutos da AC Proxecto Trasno" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de agosto de 2016. Consultado o 01 de novembro de 2012. 
  11. "Tiboxe". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  12. "Trobador". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  13. "Glósima". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  14. "Terminator". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  15. "Convocatoria da Trasnada 10'". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  16. "Acordos da Trasnada 10'". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2011. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  17. "Convocatoria da Trasnada 11.0". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  18. "Convocatoria da Trasnada 11.1". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  19. "Acordos da Trasnada 11.1". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  20. "Convocatoria da Trasnada 12.0". Arquivado dende o orixinal o 02 de setembro de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  21. Acordos da Trasnada 12.0[Ligazón morta]
  22. "Convocatoria da Trasnada 12.1". Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2020. Consultado o 02 de novembro de 2012. 
  23. "Convocatoria da Trasnada 13.0". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  24. "Resultados das Trasnadas". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 02 de novembro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]