Psérimos
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | administración descentralizada do Exeo | |||
Periferias | Exeo Meridional | |||
Unidades periféricas | Calímnos (pt) | |||
Concello | Municipality of Kalymnos (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 80 (2011) (5,51 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 14,515 km² | |||
Medición | 2,5 () × 7,35 () km | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Altitude | 268 m | |||
Pserimos (grego: Ψέριμος Δωδεκανήσου, turco: Keçi Adasi), é unha pequena illa grega no Dodecaneso, que se atopa entre as illas de Kalymnos e Kos fronte á costa de Turquía. É parte da municipalidade de Kalymnos, e tiña unha poboación de 80 habitantes no censo de 2011.
A principal industria é o turismo, con turistas europeos gregos e outros atraídos pola súa localización remota. Hai varias praias e varias tabernas, algunhas das cales ofrecen aloxamento.
Pserimos é atendido por un ferri diario desde Pothia, na illa de Kalymnos, e é un destino no itinerario dunha serie de buques de cruceiro.
Situación
[editar | editar a fonte]Pserimos é a illa veciña máis grande da illa municipio de Kálimnos. A illa está situada no leste do mar Exeo a uns 3´5 km ao norte de Cos e 5 km ao oeste de Kálimnos. Ao nordés, a distancia máis curta a Asia Menor, a península de Bodrum (Bodrum Yarimadasi) está a 8 km. Na costa hai algúns illotes rochosos. Preto, a un quilómetro ao oeste atópase a illa deshabitada de Platy. O único pobo e porto é Avlakia (Aυλάκια) na Baía de Pserimos (Όρμος Ψερίμου) na costa sur.
A paisaxe desta illa árida está dominado principalmente pola vexetación arbustiva baixa. Pserimos é montañosa alcanzando 268 metros a elevación máis alta no nordés.
Historia
[editar | editar a fonte]No Catálogo das naves de Homero Pserimos formaba parte do grupo das illas Kalydna. Despois a única referencia á illa será no século III a.E baixo o control de Cos.
Desde a antigüidade Pserimos foi coñecida polas súas alcaparras. Hoxe o municipio promove o cultivo de oliveiras, preto de 6.000 árbores foron plantados ao nordés do pobo. Os 80 habitantes viven principalmente da pesca e o turismo.[1] Na gran baía oriental practícase a piscicultura.
Ademais das árbores hai algunhas tabernas ao longo dos 170 m de fermosa praia de area e situada no extremo norte do pobo está a igrexa consagrada Kimisis tis Panagia (Kοίμησης της Παναγίας, Asunción da Virxe). Preto de 1´5 km ao noroeste do pobo nunha longa baía está a igrexa de Panagia Grafiotissa (Παναγία Γραφιώτισσα). Non hai outros puntos de interese para os excursionistas que visitan a illa durante un día.
Relixión
[editar | editar a fonte]As dúas únicas parroquias na illa e pertencentes á Igrexa Ortodoxa do Patriarcado Ecuménico de Constantinopla están adscritas á Metrópole de Leros, Kálimnos e Astipalea.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Κάλυμνος Οικισμοί (Βαθύς, Ψέριμος) [1] Arquivado 18 de decembro de 2015 en Wayback Machine., griego