Pseudopleuronectes
Pseudopleuronectes | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Pseudopleuronectes americanus | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||
|
Pseudopleuronectes é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,[1] que comprende cinco especies propias das costas do noroesta do océano Pacífico, excepto unha (P. americanus) que vive no the noroste do océano Atlántico.
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1862 polo naturalista e ictiólogo neerlandés Pieter Bleeker na súa obra "Sur quelques genres de la famille des Pleuronectoïdes", publicada na revista Versl. Akad. Amsterdam 13: 422-429,[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome do xénero, Pseudopleuronectes, está construído coa forma prefixa do latín científico pseudo-, tirada da do grego antigo ψεῦδο- pseũdo-,[2] derivada de ψευδής, pseudḗs, "falso", e o nome do xénero Pleuronectes. Literalmente: as falsas sollas", ou "os parecidos ás sollas".
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense dentro do xénero Pseudopleuronectes as seguintes cinco especies:[1][3]
- Pseudopleuronectes americanus (Walbaum, 1792) - a solla vermella.[4]
- Pseudopleuronectes herzensteini (Jordan & Snyder, 1901) - a limanda castaña,[5][6]
- Pseudopleuronectes obscurus (Herzenstein, 1890)
- Pseudopleuronectes schrenki (P. J. Schmidt, 1904)
- Pseudopleuronectes yokohamae (Günther, 1877)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pseudopleuronectes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. editores: European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Collection Patrimoines Naturels, 50. Muséum national d'Histoire naturelle. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pseudopleuronectes na EOL. Contén informacións e numerosas imaxes e mapas de distribución (en inglés)
- Clasificación do xénero Psudopleuronectes na ADW.