Pulmonados
Pulmonados Pulmonata Rango fósil: carbonífero - actuialidade [1] | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina representando varias especies de pulmonados | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subordes | |||||||||||||
O dos pulmonados (Pulmonata) é un grupo de discutida monofilia (anteriormente considerados como unha orde, e antes como unha subclase) de moluscos gasterópodos que inclúe os caracois terrestres e as limachas, que desenvolveron, grazas a unha modificación da cavidade paleal, que se fixo altamente vascularizada, transformándose nun pulmón (que non é homólgo do pulmón dos vertebrados terrestres) que lles permite a respiración aérea (de aí o nome que reciben), o que lles permite vivir en terra firme. Son o único grupo de moluscos que colonizaron o medio terrestre.
O taxon dos pulmonados como tradicionalmente era definido demostrouse que era polifilético nun estudo molecular realizado por Jörger et al. en 2010.[2]
Características
[editar | editar a fonte]A maioría das especies dos pulmomados carecen por completo de branquias, e teñen a cavidade paleal transformada nun órgano respiratorio chamado pulmón (por comparación cos verdadeiros pulmóns dos vertebrados tetrápodos), e ao que alude o seu nome.
Trátase dunha cavidade do manto transformada nun amplo saco coas súa delgadas paredes moi vascularizadas, que comunica co exterior mediante unha estreita abertura situada lateralmente, á dereita, chamada poro respiratorio ou pneumostoma.[3]
Os pulmonados, igual que outros gasterópodos, sofren no curso do seu desenvolvemento unha distorsión (torsión) do saco viscerasl, polo cal a comisura visceral non está entrecruzada.[3]
Teñen un corazón cunha soa aurícula, un ril, e un sistema nervioso concentrado, simétrico. O atrio cardíaco encóntrase case sempre en polsición anterior ao ventrículo. A cavidadd paleal encóntrase no lado dereito do cuerpo.
A maioría das especies teñen unha cuncha, pero sen opérculo, aínda que o grupo tamén inclúe varias limachas se cuncha. A cuncha, dextrorsa, e só excepcionalmente sinestrorsa, en xeral é delgada e espiralada; nalgunhas especies está reducida e cuberta, total ou parcialmente, polo manto, e noutras, como quedou dito, mesmo falta.
A boca presenta unha rádula con numerosos pequenos dentes, e frecuentemente, mandíbulas.
O poro xenital ábrese ao exterior polo lado dereito, detrás da cabeza. Son hermafroditas, e as estratexias reprodutivas dalgunhas especies, como as dos caracois terrestres, inclúen o chamado cortexo, e empregan estruturas como os denominados dardos do amor (do inglés, love darts).[3][4]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A orde dos pulmonados foi descrita por primeira vez en 1814 polo naturalista francés Georges Cuvier, descrición que rexistra, dous anos máis tarde o seu colega e compatriota Henri Marie Ducrotay de Blainville, no seu traballo Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal (Comezo dunha nova distribución do reino animal).
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Pulmonata é o nomintivo plural do adxectivo do latín científico pulmonatus, -a, -um, derivado do substantivo do latín clásico pulmo, -õnis, 'pulmón'. Literalmente, 'os que teñen pulmón'.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Unha clasificación en continua revisión
[editar | editar a fonte]Desde que Darwin formulara a súa teoría da evolución, a taxonomía biolóxica intentou reflectir a filoxenia dos organismos. As clasificacións utilizadas en taxonomía intentan, por tanto, representaren as interrelacións entre os distintos taxons. Porén, a taxonomía dos pulmonados, como a dos demais grupos de gasterópodos está continuamente sendo revisada e, debido a isto, as versións que se mostran en diversos textos poden diferir de maneira importante.
Distintas consideracións sobre a categoría taxonómica do grupo
[editar | editar a fonte]Segundo os distintas bases de datos, o grupo dos Pulmonata é considerado como:
- Unha subclase pola Fossilworks Paleobiology Database.[5]
- Unha infraclase polo World Register of Marine Species.[6]
- Unha orde pola Animal Diversity Web.[7] e por Fauna Europaea.[8]
- Non é considerado polo Sistema Integrado de Información Taxonómica,[9] nin, polo tanto, no Catalogue of Life,[10] nin pola IUCN.[11]
Clasificacións tradicionais
[editar | editar a fonte]Unha das máis seguidas clasificacións tradicionais, divide a orde dos pulmonados nas subordes dos estilomatófos (Stylommatophora), basomatóforos (Basommatophora) e eupulmonados (Eupulmonata). Porén, outros autores,[3] reducen estas ás dúas primeiras.
Clasificacións modernas
[editar | editar a fonte]§ Clasificación de Ponder & Lindberg (1997)
Segundo a clasificación dos gasterópodos de Ponder & Lindberg (1997), a taxonomía dos pulmonados é a seguinte:[12]
- Orde Pulmonata Cuvier in Blainville, 1814
- Suborde Systellommatophora Pilsbry, 1948
- Suborde Basommatophora Keferstein in Bronn, 1864
- Suborde Eupulmonata Haszprunar & Huber, 1990
- Infraorde Acteophila Dall, 1885 (antigamente Archaeopulmonata)
- Infraorde Trimusculiformes Minichev & Starobogatov, 1975
§ Clasificación baseada na análise filoxenética, de Bouchet & Rocroi (2005). [13][14]
- Grupo informal Pulmonata Cuvier in Blainville, 1814
- Grupo informal Basommatophora Keferstein in Bronn, 1864
- Clado Eupulmonata Haszprunar & Huber, 1990 (clado sen clasificar, contén os clados Systellommatophora e Stylommatophora)
- Clado Systellommatophora (Gymnomorpha)
- Clado Stylommatophora (contén os subclados Elasmognatha, Orthurethra e o grupo informal Sigmurethra)
- Subclado Elasmognatha
- Subclado Orthurethra
- Grupo informal Sigmurethra'
- "Limacoid clade"
§ Clasificación de Jörger et al. 2010
Jörger et al. (2010) analizaron os grupos principais dentro dos Heterobranchia usando datos xenéticos e encontraron que nos Pulmonata, que se consideraba un grupo polifilético, algúns estaban máis estreitamente relacionadas cos Sacoglossa e os Acochlidia, polo que propuxeron un taxon máis inclusivo, o dos Panpulmonata para unir os clados Siphonarioidea, Sacoglossa, Glacidorboidea, Pyramidelloidea, Amphiboloidea, Hygrophila, Acochlidia e Eupulmonata.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pek I., Vašíček Z., Roček Z., Hajn. V. & Mikuláš R. (1996): Základy zoopaleontologie. Olomouc, Moravia, República Checa: Palacký University. ISBN 80-7067-599-3.
- ↑ 2,0 2,1 Jörger, Katharina M; Stöger, Isabella; Kano, Yasunori; Fukuda, Hiroshi; Knebelsberger, Thomas; Schrödl, Michael (2010): "On the origin of Acochlidia and other enigmatic euthyneuran gastropods, with implications for the systematics of Heterobranchia". BMC Evolutionary Biology 10 (1): 323. (Artigo completo).
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados.
- ↑ Barnes, Robert D. (1982). Invertebrate Zoology. Philadelphia, PA: Holt-Saunders International. p. 377. ISBN 0-03-056747-5.
- ↑ Subclase Pulmonata Cuvier, 1817 Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fossilworks, Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Pulmonata no WoRMS. Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Pulmonata na ADW. Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Orde Pulmonata Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en Fauna Europaea. Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Xénero Helix, na orde Stilomatophota no ITIS. Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Pulmonata Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine. non aparece no Catalogue of Life: 27th February 2016, en Species 2000, do ITIS. Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Pulmonata non aparece na Lista vermella da IUCN. Consultada o 08-03-2016.
- ↑ Ponder W. & Lindberg D. R. (1997): "Towards a phylogeny of gastropod molluscs: an analysis using morphological characters". Zoological Journal of the Linnean Society 119 (2): 83-265.
- ↑ Bouchet, P. & Rocroi, J.-P., eds. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia: International Journal of Malacology, 47 (1-2). ConchBooks: Hackenheim. ISBN 3-925919-72-4. 397 pp. Part of: Malacologia: International Journal of Malacology. Institute of Malacology: Ann Arbor. ISSN 0076-299.
- ↑ Bouchet,P. & Rocroi,J.-P.: " Part 2. Working classification of the Gastropoda"; En: Malacologia; Band 47, S. 239–283, Ann Arbor 2005; ISSN 0076-2997.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pulmonados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pulmonados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- D'Ancona, Humberto (1972): Tratado de zoología. Tomo II. Zoología especial. Barcelona: Editorial Labor, S. A.
- Grassé, Pierre P.; Raymond A. Poisson e Odette Tuzet (1976): Zoología. Tomo 1 invertebrados. Barcelona: Ed. Toray-Masson, S. A. ISBN 84-311-0200-4.
- Remane, Adolf; Volker Storch e Ulrich Weisch (1980): Zoología sistemática. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0608-2.
- VV. AA. (1968): "Gasterópodos" en: Enciclopedia Salvat de las ciencias. Tomo 4. Animales invertebrados. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 257–293.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Snail and Slug: Care, Species, Health and much more... Arquivado 19 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (Caracois e limachas: coidados, especies, saúde e moito máis...) (en inglés).
- El rincón de los caracoles (I) (en castelán).