Saltar ao contido

Henri Marie Ducrotay de Blainville

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHenri Marie Ducrotay de Blainville

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1777 Editar o valor en Wikidata
Arques-la-Bataille, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte1 de maio de 1850 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
Gare Saint-Lazare, Francia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 54
Grave of Henry Ducrotay de Blainville (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Catedrático Facultade de Ciencias de París
O suxeito ten un papel: cátedra universitaria
1844 – 1850 (morte)
← Étienne Geoffroy Saint-HilaireIsidore Geoffroy Saint-Hilaire →
Q115433676 Traducir
1833 –
Catedrático Museo Nacional de Historia Natural de Francia
O suxeito ten un papel: cátedra universitaria
1832 – 1850 (morte)
← Georges CuvierLouis Georges Duvernoy →
Catedrático Museo Nacional de Historia Natural de Francia
O suxeito ten un papel: cátedra universitaria
1830 – 1832
← Jean-Baptiste LamarckAchille Valenciennes →
Managing editor (en) Traducir Journal de Physique, de Chimie, d'Histoire Naturelle et des Arts (en) Traducir
xullo de 1817 – 1823
← Jean-Claude Delamétherie (pt) Traducir
Profesor asistente Facultade de Ciencias de París
O suxeito ten un papel: cátedra universitaria
1812 – 1844
← Louis Georges DuvernoyHenri Milne-Edwards → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadefrancesa
EducaciónParis Medical Faculty (en) Traducir - medicina (–1808)
Facultade de Ciencias de París - doutoramento Editar o valor en Wikidata
Director de teseGeorges Cuvier Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoZooloxía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnaturalista, zoólogo e anatomista
EmpregadorMuseo Nacional de Historia Natural de Francia (1830–)
Facultade de Ciencias de París (1812–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresGeorges Cuvier Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoPaul-Émile Botta Editar o valor en Wikidata
Abreviación dun autor en botánicaBlainv. Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaBlainville Editar o valor en Wikidata
Premios
Membro estranxeiro da Royal Society

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Blainville, Henri Marie Editar o valor en Wikidata
BNE: XX5545365

Henri Marie Ducrotay de Blainville, nado o 12 de setembro de 1777 en Arques-la-Bataille (Sena Marítimo) e finado o 1 de maio de 1850 en París, foi un naturalista, zoólogo e anatomista francés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Henri Marie Ducrotay de Blainville, coñecido na literatura científica como Blainville, ou de Blainville, naceu en Arques-la-Bataille (Sena Marítimo), preto de Dieppe.

Ao redor de 1796 foi a París para estudar pintura, pero ao final dedicouse á historia natural, atraendo a atención de Georges Cuvier, para quen deu conferencias ocasionalmente no Colexio de Francia e no Ateneo.

En 1812 foi axudado por Cuvier para obter a cátedra de anatomía e zooloxía na Facultade de Ciencias en París, pero co tempo, e estrañamente, creceu entre os dous unha aberta inimizade. Neste mesmo ano, o seu editor creou o termo "paléontologie" para designar a ciencia nacente da paleontoloxía fundada polo seu mestre Georges Cuvier.

Foi Blainville quen, en 1816, elevou ao rango de clases independentes aos réptiles e aos anfibios.

En 1825 Blainville foi admitido como membro da Academia Francesa de Ciencias, e en 1830 foi designado para suceder a Jean-Baptiste Lamarck na cátedra de Historia Natural do Museo. Dous anos despois, ao morrer Cuvier, obtivo a de anatomía comparada, a cal ocupou durante 18 anos, probando que era un digno sucesor do gran mestre. Foi admitido como membro estranxeiro da Royal Society en 1832.

Débese a Blainville a clasificación moderna da clase dos mamíferos dividida en tres subclases: monotremas, marsupiais e placentarios (que el denominou, respectivamente, ornithodelphes (ornitodelfos), didelphes (didelfos) e monodelphes (monodelfos).

O 1 de maio de 1850 encontrárono morto nun vagón de ferrocarril na gare Saint-Lazare (estación de Saint Lazare), que tomara para viaxar a Caen. Pierre Flourens (1794-1867) pronunciou o seu Eloxio na Académie des sciences en 1854. Está inhumado no Cemiterio do Père-Lachaise.[1]

Busto de Blainville na súa tumba no Cemiterio do Père-Lachaise.

Blainville enfrontose á teoría das catro "ramas" animais de Cuvier, recuperando a idea da Scala naturae de Lamarck, aínda que sen compartir as opinións transformistas deste.

En sistemática, Blainville estableceu unha clasificación dos animais en catro grandes grupos definidos en función da súa simetría.[2]

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]

Ademais de moitas pequenas memorias, escribiu, entre outras, as segunites obras:

  • 1816. Prodrome d'une nouvelle distribution systématique du règne animal (Comezo dunha nova distribución do reino animal);
  • 1822. De l'Organisation des animaux, ou Principes d'anatomie comparée (Da organización dos animais, ou principios de anatomía comparada);
  • 1825. Manuel de malacologie et de conchyliologie (Manual de malacoloxía e conquilioloxía) —
  • 1833. Cours de physiologie générale et comparée, professé à la Faculté des sciences de Paris (Curso de fisioloxía xeral e comparada, profesado na Facultade de Ciencias de París) — Edición dixitalizada en Gallica: volume 1, volume 2 e volume 3
  • 1834. Manuel d'actinologie ou de zoophytologie (Manual de actionoloxía e zoofitoloxía) — Edición dixitalizada en Gallica, volume 1, texto Láminas
  • 1839-1864. Ostéographie ou Description iconographique comparée du squelette et du système dentaire des mammifères récents et fossiles (Osteografía ou descrición iconográfica comparada do esqueleto e do sistema dental dos mamíferos recentes e fósiles);
  • 1842. Rapport sur les résultats scientifiques du voyage de circumnavigation de ″L'Astrolabe″ et de ″La Zélée″. Partie zoologique (Relación sobre os resultados científicos da viaxe de circunnavegación do "Astrolabe" e a "Zélée". Parte zoolóxica);
  • 1845. Histoire des sciences: de l'organisation et de leurs progrès comme base de la philosophie (Historia das ciencias: da organización e os seus progresos como base da filosofía).
  • 1847. Sur les principes de la zooclassie, ou de la Classification des animaux (Sobre os principios da zooclasia, ou da clasificación dos animais).

Abreviaturas

[editar | editar a fonte]

En botánica, a abreviatura Blainv. emprégase para indicar a Henri Marie Ducrotay de Blainville como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.

En zooloxía, as abreviaturas Blainville e de Blainville, emprégase para indicar a Henri Marie Ducrotay de Blainville como autoridade na descrición e clasificación científica dos animais.

  1. Bauer, Paul (2006): Deux siècles d'histoire au Père Lachaise, Mémoire et Documents. ISBN 978-2-914611-48-0, p. 296,
  2. Schmitt, Stéphane (2004): Histoire d'une question anatomique: la répétition des parties. Paris: Publications Scientifiques du Muséum national d'Histoire naturelle, p. 147.