Saltar ao contido

Puntal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema cas formas dun buque. A letra f indica o francobordo. O puntal é a suma dos valores de f + d (calado).

O puntal dun buque defínese como a medida vertical desde o canto superior da quilla ata a unión da traca de cinta (última faixa das pranchas soldadas do costado do buque) coa cuberta principal, medida polo lado de fóra.

onde:

O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O calado do buque máis o francobordo é o puntal. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]