Putrefacción
Aparencia


A putrefacción[1] é un proceso natural de descomposición. Os microorganismos descompoñen os materiais orgánicos. Xeralmente ocorre despois da morte dunha planta ou dun animal. O proceso consta de moitos pasos. O tempo total que toma depende de varios factores, como a dispoñibilidade de oxíxeno.
A putrefacción implica a fermentación. A putrefacción é importante, porque elementos como o nitróxeno, o fósforo e o xofre que están ligados á materia morta convértense nunha forma utilizábel polas plantas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para putrefacción.