Puzo do Lago
Tipo | lagoa artificial ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | O Lago, España ![]() | |||
| ||||
O Puzo do Lago[1] é unha lagoa situada na parroquia do Lago, no concello de Maside. Está declarado espazo natural de interese local[2][3].
Espazo
[editar | editar a fonte]O lago está rodeado por unha gran vexetación principalmente piñeiros, carballos e castiñeiros. Entre a fauna que poboa o espazo hai anfibios como ras e aves como garzas e patos. A carón do lago hai un campo de golf e unha pista de terra na que se celebran carreiras de cabalos e partidos de horseball[4]
Lenda
[editar | editar a fonte]Eladio Rodríguez González recolleu a seguinte lenda[5]. No camiño a Belén, a Virxe María pasou pola parroquia do Lago. Levaba dous días de camiño e descansando aos poucos sen un anaco de comida que levar a boca, cando chegou de madrugada a unha pequena aldea. Con moito esforzo, a pobre muller petou na porta da primeira casa do lugar. Cando o dono saíu, a pobre da Virxe pediu a aquel home un pouco de pan ou algo que levar a boca, e un pouco de colleito, por caridade, pero este díxolle que no lle daba nada e que fose preguntar a outro veciño. Foi de casa en casa preguntando, pero ninguén quixo axudala, nin sequera o párroco, co cal se cruzara na rúa de camiño a súa igrexa. Saíndo da aldea topou un forno no que traballaban tres humildes mulleres, e decidiu entrar e ver ser elas a axudaban. As panadeiras consternadas co que a pobre Virxe lle contara sobre o que sucedera na vila decidiron prepararlle unha bóla para que puidera comer algo. Ao meter a primeira, esta medrou moitísimo como se fose un milagre de Deus. Entón as tres mulleres decidiron facer máis probas con outras bólas, e todas saían enormes. Ó final optaron por ser avaras e non darlle ningunha bola á pobre Virxe.
Cando esta deixaba o lugar xa sen forzas e véndose morrer, apareceu unha nena, a cal vendo a pobre muller tan desvalida decidiu darlle un pouco da comida que tiña. A Virxe preguntoulle á neniña quen era e a nena contoulle que era orfa e que se adicaba a coidar o gando da xente do pobo para poder sobrevivir. Ante a avaricia mostrada polo pobo, preguntoulle á nena o nome daquel lugar. A nena respondeulle que se chamaba O Lago. Entón a Virxe díxolle: "Atenta neniña: “Se eres Lago te asolajo con el de arriba para abajo”"[6]. E como por arte de maxia aquel pobo comezou a inundarse ata quedar completamente inundado ata hoxe. Dise que nas noites de San Xoán, se un se acerca ao lago pode ouvir as campás da igrexa daquela parroquia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Localización do Puzo do lago".
- ↑ "El Puzo do Lago, en Maside, declarado de interés natural". La Región. 30 de xaneiro de 2014.
- ↑ "El Puzo do Lago fue declarado Espacio Natural de Interés Local". Faro de Vigo. 31 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Festa do Cabalo en Maside". La Voz de Galicia. 23 de setembro de 2018.
- ↑ "A Lenda do Puzo do Lago (Lago-Maside)". Estudios Históricos y Genealógicos (en castelán).
- ↑ Antonio Ceniza Alfonso (5 de maio de 2018). "Leyenda del origen del lago Maside". Misterios y leyendas de Galicia y Asturias.