Artland Dragons
Artland Dragons | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ProA |
Fundación | 1955 |
Historia | QTSV Quakenbrück (1955–2003) |
Cores | Negro, vermello, branco |
Presidente | Alexander Meilwes |
Adestrador | Tuna Isler |
Localización | |
Cidade | Quakenbrück, Alemaña |
Pavillón | Artland-Arena |
Capacidade | 3 000 |
Inauguración | 25 de marzo de 2021 |
Campionatos | |
Copa | 1 (2008) |
artland-dragons.de |
Os Artland Dragons son un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Quakenbrück, Baixa Saxonia. O equipo xoga os seus partidos como local no Artland-Arena, pavillón con capacidade para 3 000 espectadores.[1] Fundado en 1955, entre 2003 e 2015 o equipo participou na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano, conseguindo varias participacións en competicións europeas e un títulos da Copa de Alemaña. Porén, o 3 de maio de 2015, debido a diferentes problemas, o club anunciu a súa renuncia á elite. Ao ano seguinte, o equipo comezou competindo na ProB, a terceira división, ascendendo á ProA en 2017, categoría na que compite actualmente.
Historia
[editar | editar a fonte]O baloncesto xogouse por vez primeira en Quakenbrück na escola Artland-Gymnasium. A sección de baloncesto do club deportivo QTSV Quakenbrück creouse en 1955. Na década de 1970, o primeiro equipo masculino obtivo o seu primeiro logro ao ascender á segunda división alemá, onde permaneceu tres tempadas. Despois de moito tempo sen grandes éxitos, Günter Kollmann, ex xogador de baloncesto alemán e membro da selección nacional júnior, apoiou ao equipo QTSV como patrocinador principal. O club comezou unha política de formación de novos xogadores nos anos oitenta, colleitando os froitos na seguinte década. En 1994, o equipo ascendeu á 2. Reginalliga, seguido do ascenso á 1. Reginalliga unha tempada despois e o ascenso á 2. Basketball Bundesliga, segunda divisón nacional, unha temporada despois. En 2003 o club consegue o ascenso á máxima categoría, a Basketball Bundesliga, cambiando oficialmente o nome do club a Artland Dragons.
Desde esa temporada 2003−04, os Artland Dragons xogaron na BBL durante moitas temporadas consecutivas, colleitando varios éxitos. Na temporada 2006−07, o equipo logrou acadar o subcampionato despois de finalizar en segunda posición en liga e chegar á final dos polayoffs. A final foi unha derrota por 3−1 contra o primeiro clasificado en liga, o Brose Baskets. A partir da temporada 2007−08, o equipo xogou en competicións europeas durante oito temporadas consecutivas. En maio de 2015, o club anunciou inesperadamente que disolvería o club de baloncesto profesional. Entre os motivos da disolución estaban os problemas de financiamento e orzamento en comparación con outros equipos da BBL.[2] Finalmente, o equipo decide volver comezar na terceira división, a ProB. Na temporada 2018−19 os Dragons regresaron á segunda categoría, a ProA.
Temporadas
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | Copa | Europa | |
---|---|---|---|---|---|---|
2000–01 | 2 | 2. BBL | 2º | |||
2001–02 | 2 | 2. BBL | 3º | |||
2002–03 | 2 | 2. BBL | 1º | |||
2003–04 | 1 | Bundesliga | 9º | |||
2004–05 | 1 | Bundesliga | 6º | |||
2005–06 | 1 | Bundesliga | 5º | Cuarto lugar | ||
2006–07 | 1 | Bundesliga | 2º | Subcampións | ||
2007–08 | 1 | Bundesliga | 5º | Campións | 2 ULEB Cup | |
2008–09 | 1 | Bundesliga | 9º | 2 Eurocup | ||
2009–10 | 1 | Bundesliga | 9º | 3 EuroChallenge | ||
2010–11 | 1 | Bundesliga | 4º | Terceiro lugar | 3 EuroChallenge | |
2011–12 | 1 | Bundesliga | 3º | Cuartos de final | 3 EuroChallenge | |
2012–13 | 1 | Bundesliga | 6º | Cuarto lugar | 2 Eurocup | |
2013–14 | 1 | Bundesliga | 4º | Cuartos de final | 2 Eurocup | |
2014–15 | 1 | Bundesliga | 11º | 2 Eurocup | ||
2015–16 | 3 | ProB | 6º | |||
2016–17 | 3 | ProB | 2º | |||
2017–18 | 3 | ProB | 5º | |||
2018–19 | 2 | ProA | 11º |
Títulos
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2008
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Artland Arena". Google Arts & Culture (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de agosto de 2021. Consultado o 11 de agosto de 2021.
- ↑ Kazda, Leonhard (4 de maio de 2015). "Keine Chance für Basketball" [Sen posibilidade de baloncesto]. Frankfurter Allgemeine (en alemán). Consultado o 11 de agosto de 2021.