Qaryat al-Faw
Tipo | xacemento arqueolóxico | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Provincia de Riad, Arabia Saudita e As Sulayyi, Arabia Saudita | |||
| ||||
Características | ||||
Patrimonio da Humanidade | ||||
Tipo | Patrimonio cultural → Mundo árabe | |||
Data | 2024 (46ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (v) e (ii) | |||
Identificador | 1712 | |||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 8 de abril de 2015 | |||
Data de remate | xullo de 2024 | |||
Identificador | 6029 | |||
Qaryat al-Faw (en árabe: قرية الفاو) foi a capital do primeiro Reino de Kinda. Atópase a 100 km ao sur de de Wadi ad-Dawasir, e a 700 km ao suroeste de Riad, a cidade capital de Arabia Saudita. O sitio arqueolóxico de al-Faw conta cos restos numerosas edificacións como casas residenciais, mercados, estradas, cemiterios, templos e pozos de auga.[1] Neste lugar atópase unha inscrición en árabe antigo do século I, escrito en alfabeto surarábigo, o máis antigo da súa clase no sur de Arabia.[2]
En xullo de 2024, Qaryat Al-Faw foi declarado oficialmente Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Os investigadores saben pouco da cidade. Segundo as escavacións arqueolóxicas, a cidade data do século IV a.C.[4] A cidade era coñecida orixinalmente polo corpus de inscricións no sitio como Qaryat Dhu Kahl. Kahl era a principal divindade adorada polas tribos árabes dos kindah e madh'hij.[5] Tamén se coñece cos nomes de Qaryat al-Hamraa (Cidade Vermella) e Dhat al-Jnan (Cidade dos Xardíns) polos habitantes no seu período de prosperidade.
A idade de ouro da cidade estendeuse durante case oito séculos entre o século IV a.C. e o século IV d.C. antes de ser abandonada. No seu longo período, a cidade sobreviviu a varios ataques dos estados veciños, como suxiren os relatos sabeos de finais do século II d.C. Tamén a inscrición de Namara menciona a expedición de Imru' al-Qays ibn 'Amr a Najran onde chegou a Qaryat al-Faw e expulsou da cidade a tribo gobernante de Madh'hij.[6] Nunca se volveu mencionar despois dese incidente, agás nun breve relato de al-Hamdani.
As escavacións arqueolóxicas revelaron que a cidade se desenvolveu a partir dunha pequena estación de paso de caravanas a un importante centro comercial, relixioso e urbano no centro de Arabia, Najd.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Qaryat Al Faw". Saudi Commission for Tourism and Antiquities. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2016.
- ↑ "A First Century BC Arabic Inscription In Musnad Script At Qaryat Al-Faw". Consultado o 13 de novembro de 2022.
- ↑ "The Cultural Landscape of Al-Faw Archaeological Area". UNESCO World Heritage Centre. Consultado o 2024-07-27.
- ↑ A. R. Al-Ansary, Qaryat Al-Fau: A Portrait Of Pre-Islamic Civilisation In Saudi Arabia, 1982, University of Riyadh (Saudi Arabia), p. 146.
- ↑ BM Report of Trustees 1981-84, pp.60-61, fig. 18
- ↑ المدنية في الوطن العربي في ضوء الاكتشافات الآثارية: النشأة والتطور p.98