Qeqertarsuaq
(kl) Qeqertarsuaq (lb) Qeqertarsuaq | ||||
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Qeqertalik, Groenlandia | |||
| ||||
Bañado por | Baía de Baffin | |||
Características | ||||
Altitude | 1.919 m | |||
Dimensións | 160 () km | |||
Superficie | 8.612 km² | |||
Historia | ||||
Data de descuberta ou invención | década de 980 e 1773 | |||
Illa de Disko ou Qeqertarsuaq é unha grande illa na Baía de Baffin, na costa oeste de Groenlandia a unha latitude de 70° norte, e cara ao norte da baía de Disko. Ten unha superficie de 8.578 quilómetros cadrados, polo que é a segunda illa máis grande de Groenlandia (logo da illa de Groenlandia) e unha das 100 illas máis grandes do mundo. O nome Qeqertarsuaq significa A Illa Grande (de qeqertaq= illa).
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa ten unha lonxitude duns 160 quilómetros, unha área de 8.578 quilómetros cadrados, e elévase ata unha altura media de 975 metros, alcanzando un máximo de 1.919 metros. O porto de Qeqertarsuaq (nome da illa, e tamén coñecido como Godhavn) atópase na súa costa sur.
Os depósitos de minerais, os fósiles e as formacións xeolóxicas son o máis interesante da zona. Hai máis de 2000 fontes termais na illa.
Historia
[editar | editar a fonte]Erik o Roxo fixo a primeira visita á illa de Disko, nalgún momento entre 982 e 985 e foi utilizada como base para a caza e a pesca de verán polos colonos viquingos.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Estación polar danesa de Qeqertarsuaq (en 1908)
-
Mineiros na mina de carbón (en 1900)
-
A capital, Qeqertarsuaq
-
Estación de investigación 2014
-
A aldea abandonada de Qllissat desde o mar.
-
Icebergs na illa de Qeqertarsuaq
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qeqertarsuaq |