Qiu Jin
Nome orixinal | (zh-hans) jose (zh-hant) 秋墐 (zh-hant) 秋瑾 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 8 de novembro de 1875 Xiamen - 厦门 (Dinastía Qing) |
Morte | 15 de xullo de 1907 (31 anos) Shaoxing, República Popular da China (pt) |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Lugar de sepultura | Qiu Jin Tomb (en) |
Residencia | Qiu Jin former residence (en) |
Grupo étnico | Pobo han |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía e revolucionario |
Ocupación | escritora, activista polos dereitos das mulleres, revolucionario, xornalista, poetisa, feminista |
Período de tempo | Dinastía Qing |
Partido político | Cuñumbuqui (distrito) (pt) sen valor |
Familia | |
Cónxuxe | Wang Tingjun |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Seven Hundred Eminent People of the Qing Dynasty (en) , (p.1908-1909) Eminent Chinese of the Ch'ing Period (en) |
Qiu Jin (chinés tradicional e simplificado: 秋瑾; pinyin: Qiū Jǐn; Wade-Giles: Ch'iu1 Chin3), nome de cortesía Xuanqing (璿卿) ou Jingxiong (競雄), nada o 8 de novembro de 1875 e finada o 15 de xullo de 1907, foi unha feminista e escritora chinesa, que participou nas revolucións contra a dinastía Qing. Empregou o alias A cabaleiro do lago do espello (Jianhu Nüxia 鑑湖女俠). Hoxe en día, na China é considerada unha heroína, unha mártir do republicanismo e o feminismo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada en Xiamen (Provincia de Fujian),[1] Qiu creceu na vila de Shānyīn (subprefectura de Shaoxing, Provincia de Zhejiang). Unha vez casada, Qiu entrou en contacto coas novas ideoloxías do momento. En 1903 decidiu viaxar e estudar no Xapón,[2] deixando atrás os seus dous fillos. Fíxose famosa pola súa ideoloxía de esquerdas e por vestir roupa masculina occidental.[3][4][5] Uniuse ás tríadas, que entón loitaban polo derrocamento da dinastía Qing e un goberno baseado na soberanía popular. Uniuse tamén ás asociacións Guangfuhui (Sociedade pola Restauración), lideradas por Cài Yuánpéi, e a Tongmenghui (Alianza Revolucionaria China) estabelecida en Toquio, liderada por Sun Yat-sen. Volveu á China en 1905.
Foi unha oradora elocuente,[6] destacando os seus discursos polos dereitos das mulleres, tales como a liberdade de casar, educación e a abolición do costume do vendado de pés. En 1906 fundou en Shanghai un xornal feminista radical con outra poetisa, Xu Zihua.[7] En 1907 foi nomeada directora da escola Datong en Shaoxing, oficialmente unha escola para mestras de deportes, mais en realidade unha base de adestramento para revolucionarios.
En xullo de 1907, por mor dun alzamento fracasado encabezado polo seu primo Xu Xilin, Qiu foi arrestada na escola. Despois de ser torturada sen revelar ningún segredo, foi executada publicamente poucos días despois en Shānyīn, aos 31 anos.[8]
Qiu quedou inmortalizada na literatura e o imaxinario colectivo da República da China despois da súa morte. En 2018 estaba sepultada en Xī Hú (Lago do oeste) (Hangzhou). A República Popular da China estabeleceu un museo dedicado a ela en Shaoxing.
Obra literaria
[editar | editar a fonte]A pesar de ser recoñecida internacionalmente como feminista e revolucionaria, non se debe menosprezar a calidade da súa literatura, principalmente ensaios e poesía. Alcanzada a súa educación en literatura clásica chinesa, reflicte nos seus escritos a poesía máis tradicional ("shi" e "ci"). Qiu compuxo versos cun grande abano de metáforas e alusións, mesturando mitoloxía clásica con retórica revolucionaria.
Por exemplo, no poema cuxo título Ayscough traduce como "Seleccionando rimas con en Shih Ching desde a terra raíz do Sol"[9]:
秋瑾〈日人石井君索和即用原韻〉
漫雲女子不英雄,萬裡乘風獨向東。
如許傷心家國恨,那堪客裡度春風。
詩思一帆海空闊,夢魂三島月玲瓏。
銅駝已陷悲回首,汗馬終慚未有功。
Non me digas que as mulleres
non están feitas da madeira dos heroes,
unha invitada gozando as brisas de primavera?
eu toda soa cabalguei sobre ventos
ao Mar do Leste durante 300.000 millas.
Os meus pensamentos poéticos entón se estenderon,
como unha vela entre o océano e o ceo.
Soñei as túas tres illas,
todas xemas, todas resplandecentes coa luz da lúa.
Entristézome ao pensar nos camelos de bronce,
gardiáns da China, perdidos en espiñas.
Avergoñada, non fixen nada;
ningunha vitoria ao meu nome.
Só fixen suar ao meu cabalo de guerra.
Contraída porque a miña patria
me fai dano no corazón. Así que dime;
como podo aproveitar os meus días aquí?
Tradución do castelán e esta do inglés, da versión de Zachary Jean Chartkoff
Os editores Sun Chang e Saussy (642) explican algunhas das metáforas:
- 4ª liña: "As túas illas" (no orixinal "sandao", "as tres illas") refírese a Honshu, Shikoku e Kyūshū, omitindo Hokkaido. É unha maneira antiga de denominar o Xapón.
- 6ª liña: os "camelos de bronce" son os gardiáns simbólicos na entrada do palacio imperial. A súa condición reflicte o estado de saúde da dinastía reinando, mais no simbolismo de Qiu, reflicten o estado de saúde da China.[10]
Traducións
[editar | editar a fonte]- Varios autores (2022). Readings in Chinese Women’s Philosophical and Feminist Thought: From the Late 13th to Early 21st Century. Tradución directa ao inglés de Ann A. Pang-White. Bloomsbury Academic. ISBN 9781350046122
- Varios autores (2013). Poesía china: Siglo XI a. C.-Siglo XX. Tradución directa ao castelán de Chen Guojian. Cátedra. ISBN 9788437631523
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Schatz, Kate; Klein Stahl, Miriam (2016). Rad women worldwide: artists and athletes, pirates and punks, and other revolutionaries who shaped history. Ten Speed Press (Berkeley). p. 13.
- ↑ Barnstone, Tony; Ping, Chou (2005). The Anchor Book of Chinese Poetry. Anchor Books (New York, NY). p. 344.
- ↑ Ashby, Ruth; Gore Ohrn, Deborah (1995). Herstory: women who changed the world. Viking Press (New York, NY). p. 181.
- ↑ Porath, Jason (2016). Rejected princesses: tales of history's boldest heroines, hellions, and heretics. New York, NY. p. 271.
- ↑ Schatz, Kate; Klein Stahl, Miriam (2016). Rad women worldwide: artists and athletes, pirates and punks, and other revolutionaries who shaped history. Ten Speed Press (New York, NY). p. 13.
- ↑ Dooling, Amy D. (2005). Women’s Literary Feminism in Twentieth-Century China. New York, NY: Palgrave Macmillan. p. 50.
- ↑ Zhu, Yun (2017). Imagining Sisterhood in Modern Chinese Texts, 1890–1937. Lanham: Lexington Books. p. 38.
- ↑ Porath, Jason (2016). Rejected princesses: tales of history's boldest heroines, hellions, and heretics. New York, NY: Dey Street Press. p. 272.
- ↑ Ayscough, Florence (1937). Chinese Women: yesterday & to-day. Boston: Houghton Mifflin Company. p. 147.
- ↑ Chang, Kang-i Sun; Saussy, Huan (1999). Women writers of traditional China: an anthology of poetry and criticism. Stanford, CA: Stanford University Press. p. 642.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ayscough, Florence. Chinese Women: yesterday & to-day. Boston: Houghton Mifflin Company. (1937)
- Sun Chang, Kang-i e Haun Saussy (eds.) Women writers of traditional China: an anthology of poetry and criticism. Charles Kwong, editor asociado; Anthony C. Yu e Yu-kung Kao, editores consultores. Stanford, Calif.: Stanford University Press. (1999)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- 秋瑾 (La literatura china traducida en España)
- Wikimedia Commons alberga unha categoría multimedia sobre Qiu Jin.
- Museo Qiu Jin
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|