Saltar ao contido

Química industrial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A química industrial[1] é a área da Química que estuda os procesos químicos industriais e a súa evolución no tempo. Nalgúns casos, séguese como unha formación previa para enxeñaría química, ou como pos-grao.[2]

Historia e desenvolvemento

[editar | editar a fonte]
Estudantes no laboratorio de química industrial do Institutio de Tecnoloxía de Massachussets, Cambridge, en 1893.

A química industrial comezou a expandirse despois da Revolución Industrial, que levou a unha escalada sen precedentes na demanda, tanto no que respecta á cantidade como á calidade, de produtos químicos a granel como o carbonato de sodio.[3] Isto significou que o tamaño da actividade e a eficiencia tiñan que aumentar, e que as alternativas serias ao procesamento por lotes, como a operación continua, tiñan que ser examinadas. Non foi até a década de 1880 cando os elementos de enxeñaría necesarios para controlar os procesos químicos foron recoñecidos como unha actividade profesional distinta.

Profesión

[editar | editar a fonte]

A distinción entre a química industrial e a enxeñaría química, como profesións especializadas, tivo orixe a finais do século XIX. Primeiro, desenvolveuse a química industrial, e só varias décadas despois, comezou a emerxer a enxeñaría química como disciplina separada. No Reino Unido cando George E. Davis impartiu o primeiro curso de enxeñaría química na Universidade de Manchester en 1887 en forma de doce conferencias sobre diversos aspectos da práctica da química industrial. Como consecuencia, Davis é considerado o primeiro enxeñeiro químico do mundo.[4]

O químico industrial aplica os coñecementos científicos adquiridos para mellorar a calidade de vida da humanidade a través da investigación, o desenvolvemento de novos procesos e produtos e a instalación de plantas industriais para a fabricación de produtos químicos de utilidade para as persoas. Desenvolve produtos e novas tecnoloxías, buscando mellorar produtos e novas fórmulas, ademais de verificar a viabilidade económica e técnica dos procesos produtivos e coordinar o mantemento e instalación dos equipamentos.

Produción

[editar | editar a fonte]

Os produtos químicos utilizados a grande escala proceden do comercio de materias primas ou envasadas, ou de tratamentos e outros procesos industriais que exploten estas materias primas. Por exemplo, os fertilizantes entregaranse practicamente sen tratamento despois da extracción ou, pola contra, serán potenciados máis ou menos substancialmente pola química industrial para aumentar a súa eficiencia ou valor de mercado. Pola contra, a explotación do petróleo esixe sempre o despregamento de tecnoloxía química específica nas plantas de refino.

  1. "química industrial". aplicacions.usc.es ; bUSCatermos. Consultado o 2023-04-15. 
  2. "Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial". www.uvigo.gal ; Universidade de Vigo. Consultado o 2023-04-15. 
  3. Kostick, Dennis (1998). "The origin of the U.S. natural and synthetic soda ash industries" (PDF). Wyoming State Geological Survey Public Information Circular 39. Consultado o 19 de febreiro de 2018. 
  4. "Welcome". Davidson School of Chemical Engineering - Purdue University (en inglés). Consultado o 2023-04-15. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.