Santiago Sanz Méndez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de marzo de 1962 (62 anos) Vigo, España |
Altura | 1,70 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista |
Deporte | fútbol |
Posición de xogo | Centrocampista e dianteiro |
Familia | |
Pai | Yayo |
Santiago Sanz Méndez, máis coñecido como Quecho, nado en Vigo o 1 de marzo de 1962, é un exfutbolista galego, que xogaba de centrocampista e dianteiro. Fillo do futbolista e adestrador do Celta de Vigo, Yayo, formouse no equipo celeste, co que conseguiu un ascenso a Primeira División na tempada 1981/82, pero destacou especialmente no Ourense, sendo un dos xogadores máis importantes da historia do desaparecido club.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Celta de Vigo, club ao que seu pai Yayo estivo vencellado durante dećadas. Tras xogar no equipo xuvenil pasou ao Gran Peña na campaña 1980/81.[1][2] Na tempada seguinte debutou co primeiro equipo na Segunda División, nun partido contra o Real Murcia na Condomina.[3] Disputou 17 partidos esa tempada, na que o equipo adestrado por Milorad Pavić logrou o ascenso á Primeira División, e contribuíu cun gol contra o Levante. Na 1982/83 debutou na Primeira División, xogando 22 partidos, pero volvendo descender ao remate da competición. Continuou un ano máis no club vigués, pero sen poder xogar debido a unha grave lesión de xeonllo.[4]
Na tempada 1984/85 fichou polo Ourense, co que logrou ese ano o ascenso á Segunda División B. Tras unha segunda campaña co equipo, fichou en 1986 polo Arenteiro, co que tamén conseguiu o ascenso á Segunda B na súa primeira tempada. Ao ano seguinte marcou 14 goles co club do Carballiño, sendo un dos máximos goleadores do seu grupo, e ao remate da tempada regresou ao Ourense.
A súa segunda etapa no Ourense comprendeu oito tempadas, nas que se converteu nun dos futbolistas máis importantes da historia do club, con preto de 300 partidos e máis de 80 goles. Foi o máximo goleador do grupo I da Segunda B na tempada 1991/92 con 19 tantos, e na 1993/94 contribuíu ao regreso do club á Segunda División 20 anos despois. Deixou o conxunto ourensán en 1996, despois de lograr un novo ascenso a Segunda.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Celta - Pabellón". El Pueblo Gallego (en castelán) (20426). 9 de setembro de 1978. p. 19. Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ "Ayer en Balaídos Gran Peña - Alondras". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de agosto de 1980. p. 48.
- ↑ "Murcia - Celta 04/10/1981". BDFutbol (en castelán). Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ "Quecho, dispuesto a triunfar". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de agosto de 1984. p. 39.
- ↑ "Trece jugadores finalizaron contrato con el club". La Voz de Galicia (en castelán) (Ourense ed.). 2 de xullo de 1996. p. 59.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).