Queixo crema
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/NCI_cream_cheese_bagel.jpg/220px-NCI_cream_cheese_bagel.jpg)
O queixo crema é un tipo de queixo untábel que se obtén ao callar mediante fermentos lácticos unha mestura de leite e nata. Este tipo de queixo adóitase consumir acompañado de pan, sendo común o uso do mesmo en torradas.
Trátse dunha crema abrancazada, distribuída en envases semellantes aos da margarina ou manteiga. Consómese en almorzos e sobremesas, e unha variedade dos Estados Unidos de América é o ingrediente principal dalgunhas tortas de queixo.
Por regra xeral expéndese na súa presentación orixinal, se ben hai diversas versións do mesmo como: light (de calorías reducidas) e/ou saborizado (allo, cebola, touciño, picante, queixo azul, finas herbas etc.)