Quesada pasiega
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/37/Reinosa_009_Quesadas.jpg/220px-Reinosa_009_Quesadas.jpg)
A quesada pasiega é unha sobremesa típica da comarca dos Valles Pasiegos, en Cantabria (España), que é realizada a partir de callo do leite, manteiga e azucre.
Características
[editar | editar a fonte]Na preparación mestúranse o azucre e a manteiga, e engádese o leite callado, o limón e a canela.[1] Seguidamente incorpóranse os ovos, batidos. Deseguido engádese a fariña. Unha vez amasado deposítase en moldes de torta, que se introducen no forno durante unha hora a 180 °C, ata que se doure a súa superficie. Pódese servir quente ou frío. Ten a consistencia do pudin e é de sabor lixeiramente doce.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Quesada pasiega. www.bonviveur.es.