Saltar ao contido

Quinndy Akeju

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaQuinndy Akeju

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2000 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
Zaragoza, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbailarina, activista, enfermeira, coreógrafa Editar o valor en Wikidata

Quinndy Akeju, nada en Zaragoza en 2000, é unha enfermeira, bailarina e activista antirracista española, así como defensora dos dereitos das mulleres. É coordinadora de Afrocolectiva en Europa e membro da Comunidade Negra Africana e Afrodescendente no País Vasco.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Quinndy Akeju naceu no ano 2000 en Zaragoza, de pais nixerianos. Dende moi nova quixo dedicarse á enfermaría. Durante a súa nenez foi vítima de violencia racista por mor da súa cor de pel e a súa orixe.[2] Comezou a interesarse polo activismo feminista á idade de 14 anos, despois de ler El feminismo es para todo el mundo, e posteriormente involucrouse tamén no activismo antirracista.[3]

En xuño de 2022 escribiu un texto para a revista dixital Pikara Magazine na cal denunciaba o tratamento que daban os usuarios de redes sociais aos vídeos e novas de agresións racistas, e como a forma na que son tratados estes temas pode chegar a resultar deshumanizante para as persoas afectadas.[4] Ese mesmo ano foi unha das fundadoras de Afrocolectiva, un medio de comunicación dixital enfocado no activismo antirracista, o afrofeminismo e o panafricanismo.[5]

En xuño de 2023 participou como interventora e moderadora nun debate sobre as políticas migratorias da Unión Europea, nunha mesa redonda no eido da I Marcha pola Xustiza por Melilla.[6]

En 2024, foi unha das participantes do programa especial 8M: Las mujeres facturan de Playz, conducido por Henar Álvarez que se emitiu en conmemoración do Día Internacional da Muller.[7]

Tamén é bailarina e coreógrafa de afrodance.[8]

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Televisión

[editar | editar a fonte]
  • Irreversibles (2023)[9]
  • 8M: Las mujeres facturan (2024)