Quintana Redonda
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Soria ![]() | ||||
Capital | Quintana Redonda (en) ![]() ![]() | ||||
Contén a división administrativa | Fuentelaldea (en) ![]() Fuentelárbol (en) ![]() Izana (en) ![]() La Barbolla (en) ![]() La Revilla de Calatañazor (en) ![]() La Seca (en) ![]() La Ventosa de Fuentepinilla (en) ![]() Las Cuevas de Soria (en) ![]() Los Llamosos (en) ![]() Monasterio (en) ![]() Quintana Redonda (en) ![]() ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 512 (2024) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 183 km² ![]() | ||||
Altitude | 1.026 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Santo padrón | Asunción de María ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | Evaristo Manrique Urquia (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 42291 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 42144 ![]() | ||||
Sitio web | quintanaredonda.es ![]() | ||||
![]() |
Quintana Redonda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). censados. A súa poboación é de 523 habitantes (INE 2012).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Ocupa unha superficie de 183,92 km². Está situado o concello a uns vinte quilómetros da capital provincial, en dirección suroeste, cara a Berlanga de Duero.
Ademais do seu núcleo principal abrangue outros once lugares ou barrios: La Barbolla, Las Cuevas de Soria, Fuentelaldea, Fuentelárbol, Izana, Los Llamosos, Monasterio, La Revilla de Calatañazor, La Seca e Ventosa de Fuentepinilla.
É unha zona bastante chá, aínda que a unha altitude de 1.000 m. A paisaxe ten agras, ermos, e bosques de piñeiro, carballo e aciñeira, onde se acubillan unha gran variedade de especies animais. Porén, no que máis destaca o concello é na súa produción micolóxica e na olería, confeccionada cunha peculiar arxila negra.
O río Izana cruza o concello. Tamén ten estación de tren.
Xente e historia
[editar | editar a fonte]Ademais dos comúns sitios arqueolóxicos prehistóricos e dunha vila romana, no concello hai seis igrexas románicas dignas de mención, como a da Nosa Señora da Asunción, e un pazo brasonado pertencente á familia González de Gregorio. O persoeiro máis importante que saíu de Quintana Redonda foi Miguel de Antona, o Velasquillo, que foi bufón na corte do rei Filipe II de España.
As festas principais do concello están dedicadas a San Xoán e Santo Urbano, o 24 e 25 de xuño, ademais do San Roque e a Virxe de agosto.