Quinto Aurelio Símaco (cónsul 446)
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século V |
Morte | valor descoñecido |
Senador romano | |
Cónsul romano | |
Actividade | |
Ocupación | político, militar |
Período de tempo | Baixo Imperio Romano |
Familia | |
Familia | Aurelii Symmachi (en) |
Fillos | Quinto Aurelio Memio Símaco |
Pai | Quinto Fabio Memio Símaco |
Quinto Aurelio Símaco (en latín: Quintus Aurelius Symmachus), foi un senador romano do século V, pertencente á familia dos Símaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No 446, foi nomeado cónsul para a corte occidental, xunto con Aecio.
Probablemente era fillo de Quinto Fabio Memio Símaco (Quintus Fabianus Memmius Symmachus) e, polo tanto, neto do orador Quinto Aurelio Símaco). Casou con Rusticiana, e foi pai de Quinto Aurelio Memio Símaco, que tamén foi cónsul no 485.[1][2]
Quizais debería identificarse co Símaco a quen Macrobio Ambrosio Theodosio dedicou o tratado De differentis vel societatibus graeci latinique verbi.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith, William, Sir (ed.). "A Dictionary of Greek and Roman biography and mythology". Consultado o 23 de abril de 2021.
- ↑ Jones & Martindale & Morris, (1971), p. 1146
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Jones, Arnold Hugh Martin; Martindale, John Robert; Morris, John (1971). "Q. Aurelius Symmachus". Prosopography of the Later Roman Empire (en inglés) I. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-20159-4.
Predecesor: Valentiniano III Flavio Nomo |
|
Sucesor: Flavio Calepio Flavio Ardaburio Iunior |