Quo Vadis?
Quo Vadis? | |
---|---|
Título orixinal | Quo vadis |
Autor/a | Henryk Sienkiewicz |
Orixe | Polonia |
Lingua | lingua polaca |
Xénero(s) | ficción histórica |
Data de pub. | 1896 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Quo Vadis? é unha novela histórica do autor polaco Henryk Sienkiewicz, escrita entre os anos 1895 e 1896, na que se narran as vivencias de varios personaxes moi diferentes na época do emperador romano Nerón. A obra foise publicando por episodios no xornal Gazeta Polska de Varsovia, pero máis adiante foi publicada como libro en Cracovia, en 1896.
Tense relacionado moitas veces esta novela co feito de que Henryk Sienkiewicz recibise o premio Nobel de literatura en 1905. Con todo, trátase dun erro xa que o autor foi recoñecido con ese prestixioso premio pola súa obra de narración épica. De feito, un dos xurados do premio dixo que era "un xenio único na súa especie que se meteu na pel do espírito da nación."
O título do libro está escrito en latín, e pódese traducir como "cara onde vas?". A expresión alude ás palabras "Quo Vadis, Domine?" que, segundo a lenda, foron ditas polo apóstolo San Pedro cando fuxía de Roma para protexerse da persecución ós cristiáns por parte de Nerón.
Argumento
[editar | editar a fonte]A acción transcorre principalmente en Roma, unha cidade cunha poboación caracterizada, daquela, por unha gran variedade de nacionalidades e clases sociais, durante os últimos anos de goberno do emperador Nerón. O argumento da novela céntrase na historia de amor entre Vinicio e Ligia, dúas persoas que pertencen a mundos diferentes. Vinicio é un patricio romano, mentres Ligia, descendente dun antigo pobo bárbaro, é unha refén cristiá. A historia de amor, de ficción na súa totalidade, influencia fortemente o desenvolvemento da acción, na que destacan a fuxida de Ligia, a busca da súa amada por parte de Vinicio, o intento de rapto, conversión e bautismo de Vinicio, e a salvación de Ligia no circo. Outro argumento da novela, este de natureza histórica, céntrase no personaxe de Nerón e na súa persecución ós cristiáns, unha comunidade crecente en Roma.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información sobre o libro en Bibliotheka.org Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)