Río Abelenda
Aparencia
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | España | |||
Localización | O Carballal | |||
| ||||
O río Abelenda é un río do concello de Tordoia, na provincia da Coruña, afluente do río Paradela. No seu curso baixo coñécese como río Carballal.
O río nace nos lindes entre Tordoia e Trazo, na Fonte da Regueira baixo a aldea do Carballal. Despois segue cara ao noroeste pasando polas parroquias de Vilarbó e Pazos. Entón o río diríxese cara ao nordés desembocando no río Paradela tras cruzar Gorgullos.