Saltar ao contido

Río Büyük Menderes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Büyük Menderes
(tr) Büyük Menderes Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Parte deMitoloxía grega Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
País da cuncaTurquía Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Afyonkarahisar, Turquía Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°12′55″N 29°49′41″L / 38.2153, 29.8281
37°32′24″N 27°10′07″L / 37.54, 27.1686
Afluentes
Akçay (en) Traducir, Q3577263 Traducir, Banaz Çayı (en) Traducir, Rio Lico (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións548 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica25.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal90 m³/s Editar o valor en Wikidata

O Büyük Menderes, en grego antigo Μαίανδρος Máiandros, en latín Maeander, Maeandrus ou Maeandros, é un río de Turquía con 548 km de longo e 23.900 km² de conca. O seu nome significa Gran Meandro, pois oponse ao Küçük Menderes ou pequeno Meandro, outro río turco, que se corresponde co antigo río Caistro.

Nace no altiplano de Anatolia, preto de Dinar (antiga Apamea). Recibe diversos afluentes como o Kufi Çayi, o Banaz Çayi e o Çuruk Su (antigo Licos, grego Λύκος Lykos). Pasa polas ruínas de Magnesia do Meandro e desemboca no mar Exeo a uns 10 km ao sur de Balat, a antiga Mileto (medieval Palatia). Os seus sedimentos fixeron avanzar a costa considerabelmente (uns cantos metros cada ano).

Colmatación da baía de Mileto polo río Meandro durante a Antigüidade

O Meandro foi un importante río de Asia Menor que nacía na Frixia preto da antiga Celaenae (nun palacio dos reis persas) e desembocaba no mar Exeo en Caria. As fontes do Marsias estaban próximas e ámbolos dous nacían no monte Aulocrene. Os principais afluentes eran o Orgias, Marsias, Cludros, Leteo e Gaeson, ao norte, e o Obrimas, Licos (Lykos), Harpasos e outro Marsyas ao sur.

Mileto era un porto no -500 e no século seguinte xa era unha cidade interior. O emir de Mentese a principios do século XIV servíase de Balat para as súas expedicións, xa que se podía chegar ata alí en pequenas embarcacións a remontar o río, pero logo veu máis proveito no comercio e asinou un tratado con Venecia no 1355, que puido abrir un consulado en Balat; Esta localidade aínda tiña un comercio apreciábel no 1671/1672, cando a visitou Evliya Çelebi, pero a continua sedimentación no esteiro obrigou a abandonar o comercio e a localidade en beneficio de Esmirna. A primeira vía férrea de Turquía en 1857 ía de Esmirna a Aydin na ribeira do río Büyük Menderes. Hoxe, grazas a obras de irrigación no río e en afluentes como o Kemer Baraji e outros, é unha das zonas con maior densidade de poboación de Turquía.