Saltar ao contido

Río Cares

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Cares
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaAsturias, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónPosada de Valdeón Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCantabria, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Deva, Cantabria Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°19′19″N 4°36′20″O / 43.3219, -4.6056
43°19′19″N 4°36′20″O / 43.3219, -4.6056
Características
Dimensións54 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica1.200 km² Editar o valor en Wikidata
Picos de Europa: ao fondo está o lugar de Caín e a garganta do río Cares.

O río Cares é un curso fluvial do norte da Península Ibérica, que corre por León e Asturias; é afluente do Deva no que verte as súas augas despois de 54 km de percorrido.

O Cares nace da unión de varios regatos en Posada de Valdeón, León, na Cordilleira Cantábrica, a 1.600 m de altitude. O sentido da súa corrente é sur-norte inicialmente, formando unha espectacular garganta entre o territorio leonés e o asturiano, pola que pasa a ruta do Cares. O Cares separa un macizo dos Picos de Europa, o Cornión de los Urrieles e, máis a leste, o seu afluente o Duje sepáraos do Macizo de Ándara. Logo de cortar os Picos de Europa, vaise curvando cara ao oeste, obrigado polo Cordal de Cuera, paralelo á liña da costa cantábrica, até encontrarse co Deva en Vega de Llés, á altura da localidade asturiana de Panes (Penamellera Alta). Dos 54 km do río, 19 transcorren en territorio leonés e o resto, 35, por terras asturianas.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os tributarios principais do Cares son os ríos Bulnes, Duje e Casaño.

Poboacións que atravesa

[editar | editar a fonte]

Posada de Valdeón e Caín en León; Poncebos e Arenas de Cabrales e Asturias.

Explotación antrópica

[editar | editar a fonte]

Ten dous encoros , a central eléctrica de Camarmeña a outro en Poncebos. É ademais un importante río salmoneiro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]