Saltar ao contido

Río Corgo, río Douro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Corgo, río Douro
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaDistrito de Vila Real, Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSabrosa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCastela e León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Douro Editar o valor en Wikidata
Mapa
 41°29′50″N 7°37′34″O / 41.49719, -7.62622
41°09′12″N 7°46′26″O / 41.1534, -7.7739
Afluentes
Rio Cabril (pt) Traducir, Rio Sordo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaConca do Douro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións44 (lonxitude) km

O río Corgo é un dos afluentes do río Douro. Nace no concello de Vila Pouca de Aguiar e desemboca xunto á cidade de Peso da Régua, na marxe dereita do río Douro, pasando antes por Vila Real e o concello de Santa Marta de Penaguião.

Características

[editar | editar a fonte]

No medio do seu traxecto pasa pola cidade de Vila Real, onde recibe como afluente o río Cabril (que nace na Serra do Alvão), ademais doutros pequenos ríos.

Despois de Vila Real e ó entrar no concello de Santa Marta de Penaguião, o Corgo ten nas súas beiras as viñas da Denominación de Orixe do Douro.

Aínda en Vila Real, o río ten dous encoros, un para o lecer, o complexo do Codessais, con piscinas e praia fluvial, bares e animación nas noites de verán, e o segundo, co nome de Terragido, para aproveitamento hidroeléctrico e tratamento de augas e residuos urbanos.

O río Corgo ten durante o seu traxecto entre Vila Real e a Régua a compaña da Liña do Corgo, unha vía de ferrocarril de vía estreita con automotoras LRV 2000 que non superan os 30 km hora, é unha liña histórica nos meses de verán para viaxes turísticas, nunha viaxe de cerca de 50 minutos entre as dúas cidades (Régua - Vila Real). Ó longo do traxecto pode admirarse a magnífica vista do val do río, a beleza das viñas da rexión con Denominación de Orixe do Douro, ademais de antigas casas señoriais das quintas do Douro, tendo ó lonxe no horizonte a Serra do Marão.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Presas no río Corgo

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]