Saltar ao contido

Río Fervedoira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Fervedoira
Imaxe
Río Fervedoira preto do barrio homónimo, en Lugo.
Tipocurso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónVilachá Editar o valor en Wikidata
Final
LocalizaciónRío Rato Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°59′14″N 7°32′15″O / 42.9872, -7.5375
Características
Altitude578 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións11,5 (lonxitude) km

O río Fervedoira é un afluente do río Rato[1] que discorre polo nordeste do concello de Lugo.

Nace nas Carreciñas a 578 m de altitude, ó pé do Outeiro de Fompedriña, próximo á aldea de Vilachá, na parroquia de Labio, en Lugo.[2] Adéntrase na parroquia de Rubiás, onde recibe o rego de Vilariño pola marxe esquerda e o rego Abelairas pola marxe dereita [2]. Divide despois as parroquias de Pedreda e Santa María de Muxa, onde o cruza a autovía A-6 [2]. Finalmente aproxímase á cidade polo barrio de Galegos e desemboca no río Rato, que dende ese punto se coñece tamén como río da Chanca.

  1. Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°00'52.4"N 7°32'43.7"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Instituto Geográfico Nacional de España. "SIXPAC, coordenadas 43°03'48.0"N 7°28'38.1"W" (Mapa). Visor SIXPAC. Consultado o 08/06/2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]