Saltar ao contido

Río Loio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Loio
Imaxe
O leito do río Loio antes de converxer coas augas do encoro de Belesar.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónencoro de Belesar e río Miño Editar o valor en Wikidata
Desembocaduraencoro de Belesar Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°47′31″N 7°37′30″O / 42.792, -7.625
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata

O río Loio é un río galego afluente do Miño, que transcorre por terras de Portomarín e Paradela, en Lugo. Trátase dun curso de auga que avanza paralelamente ao Camiño de Santiago e está situado nas inmediacións dun importante conxunto paisaxístico e arquitectónico, con lugares de referencia como a capela de Portocarneiro ou o Santa María de Loio. Morre no encoro de Belesar. Ten varios saltos de auga, o maior deles de oito metros de altura.[1]

En 2012 a asociación ecoloxista ADEGA denunciou a intención de abrir tres minicentrais no seu curso[2].

  1. "Ruta: fervenzas da Ruxidoira (río Loio)". www.adelaleiro.com. Consultado o 2021-04-03. 
  2. "Recuperados tres proxectos de minicentrais que estragarán o río Loio, en Lugo". Galicia Hoxe. 11 de xaneiro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 14 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.