Río Muga
Tipo | curso de auga | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
División administrativa | Comarques Gironines, España | ||||
Final | |||||
Localización | Mar Mediterráneo | ||||
| |||||
Afluentes | |||||
Características | |||||
Dimensións | 70 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 961 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 3,34 m³/s (Castelló d'Empúries) | ||||
O Muga é un río pirenaico que fai o seu percorrido enteiro pola comunidade autónoma de Cataluña, e que rende as súas augas no mar Mediterráneo despois de 58 km de curso.
Percurso
[editar | editar a fonte]O Muga é un río que corre basicamente de oeste a leste. Nace baixo o Pla de la Muga (1.186 m de altitude), ao sur da montaña de Montnegre (1.425 m), no límite entre as comarcas de Vallespir e do Alt Empordà. Desde Hostal de la Muga constitúe durante uns 5,5 km o límite fronteirizo francoespanyol.
Recibe principalmente as augas da zona axial dos Pireneos (Roc de Frausa, serra de Les Salines, serra de L'Albera), atravesa os profundos vales de sedimentos subpirenaicos, bastante tectonizados, e sae, por Pont de Molins, á ampla chaira do Alt Empordà.
Preto de Boadella, nunha garganta epixénica, é represado (encoro de Boadella).
Nos arredores de Peralada recibe o río Llobregat de Empordà, máis caudaloso que el mesmo, e despois de Vilanova de la Muga, o Manol.
Desemboca no golfo de Roses, entre os pantanos do Empordà e Empuriabrava, logo de 58 km de curso.
Os escombrados non destruíron o antigo estuario nin o peirao medieval, dito o grau de la Muga, ao norte da actual desembocadura da Mugueta, antigo brazo do río.
Réxime hidrográfico
[editar | editar a fonte]O seu caudal medio, medido pola (Axencia Catalá da Auga) é de 3,34 m3/s, basicamente de orixe pluvial.
Nome
[editar | editar a fonte]O seu nome remonta á raíz vasca muga, que significa "límite, fronteira", aínda actualmente vivo en vasco e falas dialectais hispánicas, e usual en topónimos espallados pola Península Ibérica[1]. Alude ao feito de que o río marca unha antiga fronteira, aínda práctica hoxe entre España e Francia.
Referencias literarias
[editar | editar a fonte]O poeta empordanés Carles Fages de Climent utilizou o pseudónimo Lo Gayter de la Muga para disfrazar os seus epigramas, a miúdo satíricos, sobre personalidades coñecidas da comarca.
Afluentes principais
[editar | editar a fonte]Poboacións que baña
[editar | editar a fonte]- Albanyà.
- Sant Llorenç de la Muga.
- Boadella d'Empordà.
- Les Escaules.
- Pont de Molins.
- Cabanes.
- Vilanova de la Muga.
- Castelló d'Empúries.
- Empuriabrava.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Corominas, Joan, Breve diccionario etimológico de la lengua española, s.v., muga