Saltar ao contido

Río Oza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Oza
Imaxe
Tiporío
curso de auga Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaprovincia de León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónMontes Aquilanos Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaCastela e León, España Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Sil e Río Sil Editar o valor en Wikidata
DesembocaduraRío Sil Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°31′47″N 6°38′36″O / 42.52968186, -6.64327068
Conca hidrográficaconca do Miño Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións20 (lonxitude) km

O Valdueza ou Oza é un pequeno río que flúe na comarca do Bierzo, na provincia de León. É un afluente do Sil pola súa beira esquerda.

O nome medieval do río era Ozza. As poboacións do seu curso medio, xa por embaixo do mosteiro de San Pedro de Montes, sito a 980 m de altura, formaban parte do primitivo couto do dito mosteiro, e o conxunto era denominado Val. Obviamente era o Val de Ozza, sintagma do que por evolución, con diptongación do -ó- de Ozza, se formou Valdueza, nome que fosilizado co paso do tempo, obrigou a que o río fose denominado o río de Valdueza, que é o nome actual do curso.

Percorrido

[editar | editar a fonte]

O Valdueza nace nos montes Aquilianos, no sur do Bierzo, preto de cova de san Xenadio, nas proximidades de Peñalba de Santiago, no Val do Silencio, a uns 1.000 m de altitude.

Baixa encaixado nos seus primeiros quilómetros, até abrirse formando a Valdueza, onde se asenta San Esteban de Valdueza. Logo volta a encaixarse para baixar cara ao Bierzo Baixo, onde xa se move por terreo menos quebrado, uníndose co Sil á altura de Toral de Merayo.

A súa lonxitude é de apenas 20 km. Dado o seu curto percorrido e o encaixado do río, os afluentes son de escasa entidade.